Unha nai lánzalle un 'tupper' a Esperanza Aguirre. Pais e profesores protestaban na apertura de curso en Madrid.
Fálase
O candidato do PSdeG á Xunta viaxará mañá e pasado a Estrasburgo. Nunha visita centrada no agro e na pesca será recibido polo vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, e pola comisaria de Pesca, María Damanakis. Pachi Vázquez reunirase tamén co presidente do Parlamento europeo.
A Casa Real estrea páxina web e inclúe nela as biografías dos seus membros. Na de Iñaki Urdangarín limítase a referenciar o nome dos seus pais.
O Colexio de Xornalistas condena a agresión ao xornalista Raúl Villares. O periodista da Radio Galega foi ameazado e golpeado durante unha pelexa entre afeccionados do Racing de Ferrol e o Compostela.
Uns 200 interinos e subsitutos concéntranse ante a Consellería de Educación para protestar contra os recortes e en defensa dos seus dereitos laborais. Máis información, esta mañá en Praza. Imaxe de @montiagudo.
Pachi Vázquez cre que "as verdadeiras contas galegas saberanse tras as eleccións". Nunha entrevista en Onda Cero, o candidato do PSdeG asegura que o déficit declarado da Xunta é "unha operación cosmética e un elemento electoral".
O presidente do Poder Xudicial amósase contrario á reforma laboral. Gonzalo Moliner, tamén presidente do Supremo, asegura na Ser que a norma séguelle parecendo "tremenda" e que "pode ir contra a Constitución".
"Lisca, rico imbécil!". Así titula a súa portada o diario francés Libération como resposta á decisión de Bernard Arnaul, o home máis rico de Francia, de nacionalizarse belga.
ETA rexeita a súa disolución e medita converterse nunha corrente interna da esquerda abertzale. A banda admite que xa non exerce a "dirección política" da antiga Batasuna, segundo informa Terra.
Rianxeira gaña a bandeira da Concha por quinto ano consecutivo na categoría feminina, por diante de Zumaia, que se impuxo na manga celebrada este domingo en Donostia. Na categoría masculina, Tirán foi terceiro por detrás de Kaiku e Urdaibai.