Camila Viéitez. Misterios bonitos de ver. María Villamarín entrevista para Vinte á "Virxe do Cristal do fanzine galego", cuxa obra chega tamén á Colección Vinte.
Fálase
A serie Fariña, da galega Bambú Producciones, unha das triunfadoras nos Premios Feroz tras lograr o galardón á mellor serie dramática, mellor actor protagonista (Javier Rey) e mellor actor de reparto (Antonio Durán, Morris)
Un cento de buques navega cada día fronte a Galicia e un terzo deles transporta mercadorías perigosas. É unha información de La Opinión de A Coruña
Pablo Ibar volve ser condenado nos Estados Unidos por un suposto triplo asasinato malia ás dúbidas sobre as probas evidenciadas durante a repetición do xuízo. Agora resta determinar se lle impoñen pena de cadea ou, outra volta, de morte. O xornalista galego Nacho Carretero entrevistou a Ibar en 2012 no corredor da morte, onde o tiveron preso case dúas décadas, e relatou o alí vivido nesta información de Praza
Regresan as chuvias a toda Galicia. Segundo Meteogalicia, este sábado é o "primeiro día do ano con chuvia importante" en todo o país. A borrasca trae consigo un "río atmosférico que achega moita humidade" e tamén un incremento das temperaturas, o que afasta a posibilidade de nevaradas.
Oriol Junqueras: "Os demócratas españois deben entender que os republicanos cataláns somos os seus mellores aliados". O presidente de ERC afírmao nunha entrevista no cárcere con eldiario.es
A conta de Twitter do Luar da TVG recupera a normalidade tras o hackeo polo que durante unhas horas estivo a divulgar mensaxes atribuídas ao magnate sudafricano Elon Musk.
Feijóo abre a convención que o PP celebra en Madrid reivindicando a "moderación" e a xestión de Rajoy. Prevese que neste evento a nova dirección liderada por Pablo Casado escenifique o xiro da formación cara a posturas máis duras para así evitar a fuga de votos cara á extrema dereita nas eleccións de maio.
Hackean a conta de Twitter do Luar. O perfil do popular programa musical da TVG está a difundir este venres mensaxes do magnate sudafricano Elon Musk. A CRTVG está a "tentar recuperar" a conta, o cal depende do propio Twitter.
Así se distribuíron as subvencións da Xunta ao funcionamento das forzas políticas con representación parlamentaria en 2017. O reparto, publicado hoxe no DOG, responde ao estipulado na lei de financiamento dos partidos do ano 2015, que calcula a achega en función dos votos e dos escanos. Como informa Faro de Vigo, En Marea tería que ingresar uns 196.000 euros máis; a Xunta atribúe o menor importe á non xustificación de trámites e a formación, a que optou por un uso "responsable" dos fondos sen chegar ao tope.