Así se distribuíron as subvencións da Xunta ao funcionamento das forzas políticas con representación parlamentaria en 2017. O reparto, publicado hoxe no DOG, responde ao estipulado na lei de financiamento dos partidos do ano 2015, que calcula a achega en función dos votos e dos escanos. Como informa Faro de Vigo, En Marea tería que ingresar uns 196.000 euros máis; a Xunta atribúe o menor importe á non xustificación de trámites e a formación, a que optou por un uso "responsable" dos fondos sen chegar ao tope.
Fálase
O persoal afectado rexeita o “histórico” acordo de Feijóo con CCOO e UGT pola súa carreira profesional. Os funcionarios da administración xeral da Xunta, unhas 10.000 persoas, se pronuncian en contra por maioría absoluta a través das xuntas de persoal de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra co apoio de CSIF e CIG, que consideran que o deseño de carreira profesional para ese tipo de persoal público é discriminatoria a respecto doutras administracións.
A Xunta inclúe no seu plan de autobuses información obsoleta sobre os servizos ferroviarios en Galicia. O documento marco agora a exposición pública, que aínda deberá ser desenvolvido en liñas de bus concretas, considera que seguen a existir trens con paradas entre Ourense e Puebla de Sanabria e mesmo recolle un mapa con estacións que pecharon en 2013.
A ruptura entre Errejón e Iglesias en Madrid abre unha profunda crise interna en Podemos a catro meses das transcendentais eleccións municipais de maio, que tamén son autonómicas en 13 comunidades. Análise en eldiario.es
O público de Fervenzas Literarias elixe Sermos Galiza como mellor medio de comunicación do 2018. Optou, a continuación, por Praza.gal, a revista Luzes e os programas Zig Zag (TVG) e Diario Cultural (Radio Galega). (Imaxe: Sermos Galiza)
A comisión de centro do CHUAC denuncia a "situación caótica" das Urxencias do hospital da Coruña. "Faltan camas, os doentes amoréanse nos corredores e a Consellaría non fai nada", quéixase.
O WOS gaña o premio ao mellor festival indoor do continente nos European Festival Awards. O evento, que se celebra en Compostela no mes de setembro, foi a única cita do Estado galardoada no certame.
Falece o ex-presidente asturiano Vicente Álvarez Areces, histórico dirixente do PSOE de Asturias e un dos protagonistas do maio do 68 na Universidade de Santiago xunto a persoas que despois tamén serían relevantes líderes políticos, como o ex-presidente galego Emilio Pérez Touriño. (Imaxe: USC)
Theresa May supera a moción de censura no Parlamento británico por 19 votos e reanuda os contactos á procura dun novo plan para o Brexit tras o fracaso do proxecto inicial.
Este serán o Concello de Santiago fai oficial o título de alcalde de honra para Ánxel Casal; filla predilecta a Xohana Torres, fillos adoptivos Begoña Caamaño e Federico García Lorca e fillos predilectos, Bibiano e Benedicto