Falece o ex-presidente asturiano Vicente Álvarez Areces, histórico dirixente do PSOE de Asturias e un dos protagonistas do maio do 68 na Universidade de Santiago xunto a persoas que despois tamén serían relevantes líderes políticos, como o ex-presidente galego Emilio Pérez Touriño. (Imaxe: USC)
Fálase
Theresa May supera a moción de censura no Parlamento británico por 19 votos e reanuda os contactos á procura dun novo plan para o Brexit tras o fracaso do proxecto inicial.
Este serán o Concello de Santiago fai oficial o título de alcalde de honra para Ánxel Casal; filla predilecta a Xohana Torres, fillos adoptivos Begoña Caamaño e Federico García Lorca e fillos predilectos, Bibiano e Benedicto
Máis dunha ducia de persoas detidas en Catalunya coa acusación policial de cortaren vías férreas en mobilizacións independentistas. Entre os detidos están dous alcaldes da CUP, varios activistas e un fotoxornalista.
Moreno Bonilla, elixido presidente da Junta de Andalucía cos votos do PP, Ciudadanos e Vox. No debate de investidura a socialista Susana Díaz reivindicou a súa condición de líder da forza máis votada nas eleccións e anunciou a súa intención de continuar como xefa do primeiro grupo da oposición no Parlamento andaluz. (Imaxe: PP-A)
A píllara das dunas, elixida ave do ano 2019 por SEO/Birdlife. A presión humana sobre as praias vén poñendo en risco a súa presenza en Galicia. (Foto da Sociedade Galega de Historia Natural)
A deseñadora Melania Freire presenta na Madrid Fashion Week a súa colección 'Merquei unha postal de David Hockney' e fala con Vinte dese e doutros proxectos nos que investiga a tradición téxtil do rural galego.
Olvídame, do galego Baiuca xunto a Aliboria, elixido por YouTube Music como un dos temas "imprescindibles" para este 2019.
Alcoa e os sindicatos acadan un preacordo para manter a actividade das plantas seis meses máis na busca dun investidor, pendente do compromiso do Goberno central de asegurar o emprego e da ratificación por parte dos traballadores. O Executivo central valorará o pacto durante esta mañá.
A Cámara dos Comúns rexeita por unha gran maioría: (432 votos contra 202) o acordo de Brexit defendido pola primeira ministra Theresa May que ten agora tres días para presentar unha alternativa. Jeremy Corbyn anuncia que presentará unha moción de censura, que será debatida este mércores.