Olvídame, do galego Baiuca xunto a Aliboria, elixido por YouTube Music como un dos temas "imprescindibles" para este 2019.
Fálase
Alcoa e os sindicatos acadan un preacordo para manter a actividade das plantas seis meses máis na busca dun investidor, pendente do compromiso do Goberno central de asegurar o emprego e da ratificación por parte dos traballadores. O Executivo central valorará o pacto durante esta mañá.
A Cámara dos Comúns rexeita por unha gran maioría: (432 votos contra 202) o acordo de Brexit defendido pola primeira ministra Theresa May que ten agora tres días para presentar unha alternativa. Jeremy Corbyn anuncia que presentará unha moción de censura, que será debatida este mércores.
Concorridas mobilizacións feministas en vilas e cidades galegas esixen non dar "nin un paso atrás" nos dereitos das mulleres. "Non hai pacto posible con quen defenden nas institucións as pretensións dos violentos", advirten en referencia á súa petición dun cordón sanitario das forzas políticas fronte á extrema dereita. Na imaxe, a concentración de Vigo.
As negociacións entre sindicatos e Alcoa continúan arestora no último día antes de que finalice o prazo de negociación do ERE. A empresa estaría disposto a non aplicar os despidos de 500 traballadores, como propuña, pero deixalos pactados de non atoparse un investidor. A multinacional achegaría 12 millóns para o arranque da electrólise se chega un comprador. Foto: CCOO.
O Festival Noroeste da Coruña confirma a Patti Smith como primeira cabeza de cartel de 2019. O concerto da estadounidense celebrarase o 9 de agosto na praia de Riazor.
A galega Verónica Boquete, premiada na 5ª gala da revista Panenka xunto a Iniesta e Cazorla. "Veño como representante do fútbol feminino. O verdadeiro galardón é estar aquí", dixo a futbolista galega, recoñecida pola súa "impecable traxectoria".
Xerardo Quintiá gaña o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey coa obra Fornelos & Fornelos: terceira fundación. O xurado do galardón, que impulsa o Concello de Fornelos de Montes, subliña "a capacidade do autor para construír un universo lírico, enraizado na mellor tradición literaria occidental sen allearse das vizosas raíces do noso herdo poético"
O sector das ambulancias irá á folga tras rachar a negociación do convenio. A patronal propuxo rebaixas salariais do 6-7% e sociais de arredor do 3%, segundo denuncia a CIG.
Gómez Noya aparca o Ironman e volve á distancia olímpica para competir en Toquio 2020. O triatleta galego tratará de clasificarse para os Xogos e aspirar a unha nova medalla, tras a conseguida en Londres.