O sector das ambulancias irá á folga tras rachar a negociación do convenio. A patronal propuxo rebaixas salariais do 6-7% e sociais de arredor do 3%, segundo denuncia a CIG.
Fálase
Gómez Noya aparca o Ironman e volve á distancia olímpica para competir en Toquio 2020. O triatleta galego tratará de clasificarse para os Xogos e aspirar a unha nova medalla, tras a conseguida en Londres.
O incendio deste domingo no Courel queimou unhas 30 hectáreas de monte, segundo Medio Rural. Quedou extinguido no serán do propio domingo. (Imaxe: Aprafoga)
Unha manifestación contra o peche de Alcoa percorreu esta mañá as rúas da Coruña. O persoal da Coruña e de Avilés pediron ao Goberno central que reaccione ante os posibles despidos, que poderían comezar na vindeira semana. Máis información, hoxe en Praza.gal. Imaxe: @anovagal
A Audiencia Nacional imputa o comisario que dirixiu a Policía co PP pola espionaxe a Bárcenas. Eugenio Pino, xefe da brigada política, declarará nos vindeiros días ante o xuíz.
Feijóo asegura que a denuncia polas dúas mortes nas Urxencias do Clínico é "unha canallada e unha acusación falsa" e di que ten motivacións políticas. Asegúrao nunha entrevista no Faro de Vigo, que inicialmente, por un erro de transcrición, cualificaba de "carallada" o traslado á Fiscalía dos falecementos en palabras do presidente da Xunta.
En Marea constitúe a súa coordinadora só con afíns a Luís Villares, que pide "lealdade" e "responsabilidades" aos críticos ausentes
Feijóo reivindica o PP "das maiorías" eo "modelo" da Xunta fronte ao "fracaso" de Pedro Sánchez durante a presentación dos candidatos das sete cidades de cara ás eleccións municipais.
O BNG reivindica a vixencia de Castelao na súa homenaxe ao politico rianxeiro polo seu 69º cabodano e denuncia o "cínico exercicio de postverdade" de quen manipula o seu legado e ataca o nacionalismo.
Activistas intentan obstaculizar o campionato de caza do raposo que se está a celebrar en Cerdedo-Cotobade, un torneo apoiado pola Xunta, duramente criticada por colectivos animalistas, ecoloxistas e oposición. A colaboración do Goberno galego incumpre un acordo parlamentario secundado polo PP.