O BNG reivindica a vixencia de Castelao na súa homenaxe ao politico rianxeiro polo seu 69º cabodano e denuncia o "cínico exercicio de postverdade" de quen manipula o seu legado e ataca o nacionalismo.
Fálase
Activistas intentan obstaculizar o campionato de caza do raposo que se está a celebrar en Cerdedo-Cotobade, un torneo apoiado pola Xunta, duramente criticada por colectivos animalistas, ecoloxistas e oposición. A colaboración do Goberno galego incumpre un acordo parlamentario secundado polo PP.
Persoal de Alcoa maniféstase a esta hora en Avilés. Operarios asturianos e galegos protestan contra a última oferta da multinacional nunha mobilización que o domingo terá lugar na Coruña.
Pablo Casado reitera a súa oposición á oficialidade da lingua asturiana e ridiculiza o movemento que a defende afirmando nun mitin en Oviedo que "os nenos asturianos" non poden "estar estudando só os hórreos ou os frixuelos -prato asturiano semellante ás filloas ou freixós-". O movemento pola oficialidade do asturiano medrou notablemente nos últimos anos.
A Xunta entrega no mosteiro de Montederramo os Premios da Cultura galega a Xosé María Álvarez Cáccamo (Letras), Luz Darriba (Artes Plásticas), Festival Internacional Outono de Teatro (Artes Escénicas), Festival de Cans (Audiovisual), A Roda (Música), Antón Santamarina (Lingua), O Sorriso de Daniel (Patrimonio Cultural) e Ramón Villares (Proxección Exterior).
Persoal da CRTVG celebra o #VenresNegro34CRTVG por uns medios públicos "sen ataduras, ambiciosos, profesionais, modernos, atrevidos, cunha axenda informativa diferenciada e á vangarda, sen represalias e nos que non sobra nin falta ninguén".
O BBVA mercou a un ex-comisario encarcerado por presunta corrupción gravacións de conversas entre a ex-vicepresidenta De la Vega e o ex-ministro Miguel Sebastián. É unha información de El Confidencial
O PP confirma que presentou unha iniciativa no Congreso para defender a expulsión de menores inmigrantes non acompañados, como anunciara Casado. Trátase dunha proposición non de lei que, previsiblemente, non xuntará votos dabondo no pleno para ser aprobada e que, en caso de selo, non é vinculante para o Goberno.
A portavoz de infraestruturas de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, reúnese co secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento e ratifica a aposta do Goberno central polo mantemento das estradas e a mellora da súa seguridade. “É moi positivo o cambio de estratexia, de apostar polo mantemento e mellora e non de construción de novas infraestruturas sen manter as actuais”, di.
Un grafiteiro alcumado El primo de Banksy que dende hai uns meses plasma os seus deseños en rúas de Lugo homenaxea A derradeira leición do mestre de Castelao na contorna do Vello Cárcere, o centro cultural municipal no que foi reconvertida a antiga prisión da cidade. Imaxe divulgada por Rubén Arroxo, voceiro municipal do BNG en Lugo.