A comisión de centro do CHUAC denuncia a "situación caótica" das Urxencias do hospital da Coruña. "Faltan camas, os doentes amoréanse nos corredores e a Consellaría non fai nada", quéixase.
Fálase
O WOS gaña o premio ao mellor festival indoor do continente nos European Festival Awards. O evento, que se celebra en Compostela no mes de setembro, foi a única cita do Estado galardoada no certame.
Falece o ex-presidente asturiano Vicente Álvarez Areces, histórico dirixente do PSOE de Asturias e un dos protagonistas do maio do 68 na Universidade de Santiago xunto a persoas que despois tamén serían relevantes líderes políticos, como o ex-presidente galego Emilio Pérez Touriño. (Imaxe: USC)
Theresa May supera a moción de censura no Parlamento británico por 19 votos e reanuda os contactos á procura dun novo plan para o Brexit tras o fracaso do proxecto inicial.
Este serán o Concello de Santiago fai oficial o título de alcalde de honra para Ánxel Casal; filla predilecta a Xohana Torres, fillos adoptivos Begoña Caamaño e Federico García Lorca e fillos predilectos, Bibiano e Benedicto
Máis dunha ducia de persoas detidas en Catalunya coa acusación policial de cortaren vías férreas en mobilizacións independentistas. Entre os detidos están dous alcaldes da CUP, varios activistas e un fotoxornalista.
Moreno Bonilla, elixido presidente da Junta de Andalucía cos votos do PP, Ciudadanos e Vox. No debate de investidura a socialista Susana Díaz reivindicou a súa condición de líder da forza máis votada nas eleccións e anunciou a súa intención de continuar como xefa do primeiro grupo da oposición no Parlamento andaluz. (Imaxe: PP-A)
A píllara das dunas, elixida ave do ano 2019 por SEO/Birdlife. A presión humana sobre as praias vén poñendo en risco a súa presenza en Galicia. (Foto da Sociedade Galega de Historia Natural)
A deseñadora Melania Freire presenta na Madrid Fashion Week a súa colección 'Merquei unha postal de David Hockney' e fala con Vinte dese e doutros proxectos nos que investiga a tradición téxtil do rural galego.
Olvídame, do galego Baiuca xunto a Aliboria, elixido por YouTube Music como un dos temas "imprescindibles" para este 2019.