O Comité Olímpico Internacional insta á candidatura de Barcelona a renunciar a organizar os xogos de inverno de 2022. O alcalde da cidade anunciará hoxe o abandono do proxecto.
Fálase
O colexio de Os Dices (Rois), campión do concurso de robótica Volare Space Robotics Competition, que organiza a Axencia Espacial Europea e que se celebrou en Holanda.
Editan en HTML5 o popular videoxogo Super Mario Bros para xogar online. Aínda está en fase beta pero xa pode ser utilizado, polo momento só co navegador Google Chrome.
A Xunta anuncia que "manterá" o orzamento de cooperación exterior nas contas de 2014. Isto implica manter o recorte acumulado dun 65% nestas partidas.
Galiza Ano Cero lanza un adianto do seu programa de debate, que estreará mañá. Neste primeiro espazo abordarán a utilidade dos parlamentos.
A multinacional Edgewater advirte de que solucionará a insolvencia financeira que provocou a negativa da Xunta á mina de Corcoesto e lembra nun comunicado que o rexeitamento produciuse "en plena turbulencia financeira". Asegura que seguirá adiante co polémico proxecto mineiro.
O humor gráfico centrará o X Encontro Galego de Ilustración, organizado pola AGPI, e que se celebrará o 26 de outubro en Compostela
Santiago Cortegoso gaña o III Premio de Teatro Mome Varela Buxán, dotado con seis mil euros, coa súa obra Smoke on the water. O xurado destacou a arquitectura dramática, as personaxes e a precisión dos seus diálogos.
FACUA-Consumidores en Acción destapa un caso de fraude en cursos de community manager
Bruno Estrada, director de Estudos e Proxectos da Fundación 1º de Maio e membro de Economistas Frente a la Crisis, destaca nun artigo que a pesar das xustificacións do Goberno sobre as "imposicións europeas", si "hai marxe para que España leve a cabo unha política económica que, atendendo aos intereses da maioría, compaxine a creación de emprego coa redución do endebedamento exterior"