O combinado galego perdeu por 1-6 ante Occitania no partido organizado por Siareiros Galegos para reivindicar a oficialidade das seleccións deportivas galegas (foto: @LucasCondeGZ)
O combinado galego perdeu por 1-6 ante Occitania no partido organizado por Siareiros Galegos para reivindicar a oficialidade das seleccións deportivas galegas (foto: @LucasCondeGZ)
Ás 20:00 comeza no campo lugués do Polvorín o encontro Galicia-Occitania organizado polo colectivo Siareiros Galegos en reivindicación das seleccións deportivas do país
Dende as 17:00 está en marcha A radio conta, que abre tamén unha vía para colaborar telefonicamente
O colectivo de presos de ETA recoñece o dano causado e abre a porta a acollerse a beneficios penitenciarios establecidos no ordenamento legal. En Naiz
O Valedor do Pobo diríxese de oficio ás compañías eléctricas para esixir explicacións polos cortes de luz dos últimos días. Nalgúns puntos do país como o Concello de Teo, destaca o comisionado, "o corte prolongouse máis de corenta horas".
Antiabortistas acosan profesionais e pacientes dunha clínica na que se practican abortos en Madrid, segundo está a contar a xornalista Luz Sánchez Mellado. Fano porque hoxe é, segundo a tradición católica o 'Día dos Inocentes'.
Esta tarde celébrase a iniciativa A radio conta, un programa histórico emitido conxuntamente por todas as emisoras radiofónicas da Coruña para colaborar coa ONG Renacer.
Os investigadores do caso Pokémon dan por feito que haberá máis imputacións no Concello da Coruña, segundo conta Faro de Vigo
A Igrexa incumpriu o pacto para renovar o tendido eléctrico na Virxe da Barca. Cóntao El País
A Federación Galega de Fútbol traballa na organización de dous partidos entre as seleccións absolutas de Galicia e Catalunya, segundo avanza Radio Coruña