Esta tarde celébrase a iniciativa A radio conta, un programa histórico emitido conxuntamente por todas as emisoras radiofónicas da Coruña para colaborar coa ONG Renacer.
Esta tarde celébrase a iniciativa A radio conta, un programa histórico emitido conxuntamente por todas as emisoras radiofónicas da Coruña para colaborar coa ONG Renacer.
Os investigadores do caso Pokémon dan por feito que haberá máis imputacións no Concello da Coruña, segundo conta Faro de Vigo
A Igrexa incumpriu o pacto para renovar o tendido eléctrico na Virxe da Barca. Cóntao El País
A Federación Galega de Fútbol traballa na organización de dous partidos entre as seleccións absolutas de Galicia e Catalunya, segundo avanza Radio Coruña
Rajoy fai o imposible para non responder sobre o aborto. O presidente utiliza fórmulas como "ese asunto" ou "este tema" para non falar directamente sobre a lei máis polémica dos últimos meses. Cualifica a reforma de "equilibrada" e di que vai na liña da de 1985.
A luz subirá un 2,3% en xaneiro, nunha regulación provisional que será revisada á hora de determinar o incremento para o segundo trimestre de 2014
#consellodaxunta Feijóo defende a "lexitimidade" do Goberno central para reformar a lei do aborto. Asegura desexar que saia do trámite parlamentario con "consenso" pero evita expresar a súa opinión, que dará "nas canles do partido", di. Máis información, hoxe en Praza.
TVE gastou máis de 700.000 euros en tertulianos ao longo do ano 2012. Recólleo o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia na súa web.
De Luns a Venres deixa de publicarse definitivamente en papel. O gratuíto do grupo El Progreso xa pasara de diario a semanario o pasado mes de febreiro e agora, afirma a empresa, continuará unicamente como dixital.
As centrais de ciclo combinado para a produción eléctrica a partir do gas natural, e nas que o Goberno gastou máis de 15.000 millóns de euros nos últimos anos, funcionan ao 10% da súa capacidade. Xa se estuda o peche e desmantelamento de varias delas. En Galicia operan dúas delas, en Arteixo e As Pontes.