Milleiros de persoas enchen a Porta do Sol, en Madrid, en demanda dun referendo sobre a forma de Estado.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/538cb0cfda57b-bpjoosvimaahmoy.jpg)
Milleiros de persoas enchen a Porta do Sol, en Madrid, en demanda dun referendo sobre a forma de Estado.
Os sete edís de Santiago condenados por prevaricación dimiten dos seus cargos. Mantiveron unha xuntanza de dúas horas coa dirección do PPdeG. Defenden a súa inocencia e anuncian que recorrerán a sentenza
Os responsables das principais empresas e entidades financeiras españolas eloxian o reinado de Juan Carlos I e amósanse confiados na continuidade da institución a través de Felipe VI
Zarzuela quere acelerar o proceso lexislativo para permitir a coroación do príncipe Felipe como rei nun prazo de entre catro e seis semanas. Este martes un Consello de Ministros extraordinario aprobará a lei orgánica que regulará a abdicación.
O PPdeG reúne na súa sede os sete edís de Compostela condenados por prevaricación. Cóntao Europa Press.
O rei Juan Carlos explica a súa abdicación nun discurso televisado previamente gravado. Destaca que "unha nova xeración reclama" un "papel protagonista" e di que o seu fillo Felipe "está preparado" e "representa a estabilidade"
Condenados a 9 anos de inhabilitación os sete edís de Santiago xulgados por presunta prevaricación, segundo adianta El País. Máis información, hoxe en Praza.
Estanse convocando manifestacións ás 20 horas en todas as cidades en demanda da convocatoria dun referendo para decidir sobre a sucesión de Felipe VI e a forma de Estado. Na Coruña será no Obelisco. En Compostela, no Toural. En Ferrol, na Praza de Armas. En Vigo, diante do MARCO. En Ourense ante Subdelegación do Goberno. En Lugo ante a Subdelegación do Goberno. En Pontevedra na Praza da Peregrina. Galiza pola Soberanía está tamén realizando convocatorias pola República Galega.
ÚLTIMA HORA Rajoy anuncia a abdicación do rei de España. O monarca explicará "os motivos" ao longo desta mañá. O Consello de Ministros aprobará unha lei ao efecto nunha xuntanza extraordinaria que se celebrará este martes. O presidente do Goberno agarda que Felipe de Borbón sexa proclamado rei "nun prazo moi breve".
O presidente da Comunidade de Montes de Cabral suspendeu a asemblea celebrada este domingo, despois de aprobar as contas de 2013 cun polémico reconto e sen permitir que os comuneiros críticos as revisasen. A xestión de Luís Rodríguez, imputado por apropiación indebida, está marcada polas críticas de "falta de transparencia"