O presidente da Comunidade de Montes de Cabral suspendeu a asemblea celebrada este domingo, despois de aprobar as contas de 2013 cun polémico reconto e sen permitir que os comuneiros críticos as revisasen. A xestión de Luís Rodríguez, imputado por apropiación indebida, está marcada polas críticas de "falta de transparencia"
Fálase
A Audiencia Nacional estudará este venres se debe continuar aberto o caso Couso. O tribunal determinará se o convenio de Xenebra prevalece sobre a reforma da lei de xustiza universal.
Moncloa convoca unha "declaración institucional" de Rajoy para as 10:30 desta mañá. Descoñécese, polo momento, o anuncio que realizará o xefe do Goberno de España, se ben fontes gobernamentais negan que se trate dun cambio da composición do Executivo.
Os Bombeiros de Ferrol son "requeridos" para retirar dous cartaces a prol do dereito ao aborto polo "perigo" que supuñan e, tras facelo, din estar "á espera da chamada para retirar o cartel de apoio ao Racing no Concello e preguntándonos se teremos que retirar todos os da campaña electoral".
A Confederación Internacional de Sindicatos sitúa o Estado español entre os países con violacións reiteradas dos dereitos laborais. Cóntao El Diario.
Máis de 8.000 persoas emigraron de Galicia para traballar noutros puntos de Europa nos últimos cinco anos. Cóntao Faro de Vigo.
Carme Chacón anuncia que non será candidata á Secretaria Xeral do PSOE. A través dunha carta moi crítica publicada na web primariasabiertas.com sinalou que "non contribuirei á cerimonia de confusión. E limitareime a apoiar os candidatos ou candidatas que se comprometan á celebración dunhas eleccións primarias abertas con data certa".
A Esquerda Plural, UPyD e BNG critican a "obstrucción á Xustiza" que na súa opinión están realizando os once cargos de Adif imputados polo xuíz Aláez no marco da investigación do accidente do Alvia
Unha maratón poética en Betanzos lembra o paso de Federico García Lorca pola vila hai 82 anos, con especial atención para os seus Seis poemas gallegos.
Bancos portugueses piden a venda da macroplanta acuícola de Pescanova en Mira. A fracasada planta foi a resposta da empresa á paralización do proxecto de Cabo Touriñán, que o PP e algúns medios converteron nun dos grandes cabalos de batalla contra o bipartito.