O presidente da Comunitat Valenciana detalla os datos do paro de decembro en Twitter un día antes de que o Goberno central os faga públicos. Recólleo a Cadena SER
O presidente da Comunitat Valenciana detalla os datos do paro de decembro en Twitter un día antes de que o Goberno central os faga públicos. Recólleo a Cadena SER
O grupo municipal do PSdeG da Coruña apoia a celebración dun referendo sobre a continuidade das corridas de touros na cidade e insta o concello a permitir un debate serio sobre o asunto. Galicia mellor sen touradas felicítase polo "cambio de postura" das formación.
O vindeiro 8 de xaneiro presentarase o Partido X, co obxectivo de "reiniciar o sistema", estilo tecnopolítico e ligazón coas iniciativas hacktivistas e do 15M
O propietario de Inditex, Amancio Ortega, é o multimillonario que máis incrementou a súa fortuna en 2012, segundo recolle Europa Press na súa web
Hai uns días faleceu en Toén Raul Pinheiro, produtor, manager e divulgador da música folk e un dos artifices do boom da música galega nos anos 90. Tamén foi un dos responsables da recuperación do Festival de Ortigueira, que chegou a dirixir, ou do desenvolvemento do de Moaña.
O presidente portugués, Aníbal Cavaco Silva, pediulle ao Tribunal Constitucional que se pronuncie sobre a legalidade da suba masiva de impostos prevista nos orzamentos do Estado para 2013 e sobre a decisión de deixar de aboar a paga de vacacións a xubilados e descapacitados.
Manuel Gago publica no seu blog Sete propostas de acción para a cultura en 2013. Entre elas están o gañar a batalla do público, incorporar a ciencia á cultura galega, activar a dixitalización, falar de diñeiro ao falar de cultura, valorar publicamento o traballo dos outros ou traballar máis en común.
Os recortes obrigan a programar menos operacións do corazón no sur de Galicia, segundo detalla Faro de Vigo
Lanzan unha campaña en change.org para que se arquive a causa contra Laura Bugalho. Está chamada a declarar o vindeiro 16 de xaneiro para responder das acusacións de falsidade documental no seu labor de axuda ás persoas migrantes.
O IPC pechou o ano no 2,9%, segundo o indicador adiantado sobre a evolución dos prezos que vén de publicar o Instituto Nacional de Estatística (INE)