O propietario de Inditex, Amancio Ortega, é o multimillonario que máis incrementou a súa fortuna en 2012, segundo recolle Europa Press na súa web
O propietario de Inditex, Amancio Ortega, é o multimillonario que máis incrementou a súa fortuna en 2012, segundo recolle Europa Press na súa web
Hai uns días faleceu en Toén Raul Pinheiro, produtor, manager e divulgador da música folk e un dos artifices do boom da música galega nos anos 90. Tamén foi un dos responsables da recuperación do Festival de Ortigueira, que chegou a dirixir, ou do desenvolvemento do de Moaña.
O presidente portugués, Aníbal Cavaco Silva, pediulle ao Tribunal Constitucional que se pronuncie sobre a legalidade da suba masiva de impostos prevista nos orzamentos do Estado para 2013 e sobre a decisión de deixar de aboar a paga de vacacións a xubilados e descapacitados.
Manuel Gago publica no seu blog Sete propostas de acción para a cultura en 2013. Entre elas están o gañar a batalla do público, incorporar a ciencia á cultura galega, activar a dixitalización, falar de diñeiro ao falar de cultura, valorar publicamento o traballo dos outros ou traballar máis en común.
Os recortes obrigan a programar menos operacións do corazón no sur de Galicia, segundo detalla Faro de Vigo
Lanzan unha campaña en change.org para que se arquive a causa contra Laura Bugalho. Está chamada a declarar o vindeiro 16 de xaneiro para responder das acusacións de falsidade documental no seu labor de axuda ás persoas migrantes.
O IPC pechou o ano no 2,9%, segundo o indicador adiantado sobre a evolución dos prezos que vén de publicar o Instituto Nacional de Estatística (INE)
O vicepresidente venezolano Nicolás Maduro regresa este mércores a Caracas e concede unha entrevista a Telesur, na que afirma que Hugo Chávez de atopa "con forzas". Criticou, ademais, "os rumores e mentiras" lanzados -di- por algunhas forzas da oposición
O Congreso norteamericano aproba o plan contra o abismo fiscal por 257 votos a favor e 167 en contra. O proxecto mantén as rebaixas fiscais para a maioría dos estadounidenses e apraza dous meses os drásticos recortes automáticos do gasto público
Porqueira recibiu dúas axudas por case medio millón de euros para a construción dunha piscina cando é un dos concellos de Galicia con máis débeda, que chega á metade do seu orzamento. A obra está, ademais, rodeada de polémica, pois a Deputación expropiou a veciños para executar a obra tras anos de pleitos municipais e con sentenzas en contra