Juan Carlos Monedero explica as razóns da súa dimisión a través dun texto escrito no seu blog, "Para o meu amigo Pablo". "Deixei os cargos de dirección de Podemos cunha soa intención: empurrar con moita máis forza este proxecto", di.
Fálase
O 30% dos gandeiros galegos xa venden o leite a 20 céntimos polas ameazas da industria, salienta La Opinión. Os contratos con prezos un 33% máis baixos que os custes de produción triplícanse nunha semana e os sindicatos denuncian pagos mesmo máis baixos
El Diario relata nunha reportaxe, "David contra Goliat: os avogados que vencen ás grandes empresas", a experiencia dos letrados laboralistas vinculados a sindicatos e que se enfrontan nos tribunais a grandes bufetes como Sagardoy, Garrigues ou Cuatrecasa
A Comisión de Festas do Barrio de San Pedro difunde polas redes sociais o vídeo Gandalf vs. Agustín Hernández, en denuncia dos obstáculos postos polo concello á organización da Feira da Primavera #BarrioConLuzPropia #QueremosFestas
Juan Carlos Monedero dimite dos seus cargos na dirección de Podemos, segundo vén de anunciar Pablo Iglesias. Está a contalo Eldiario.es
Compostela Aberta denuncia a Agustín Hernández ante a Xunta Electoral polo "uso propagandístico dos gabinetes de prensa e das plataformas dixitais do Concello". Na difusión realizada dunha xuntanza do alcalde coa veciñanza da rúa Carreira do Conde "non se sabe onde acaba o alcalde e onde comeza o candidato", din.
O BNG e Galiza Nova de Santiago inician unha acampada na parcela da avenida Xoán XXIII na que o Concello e a Xunta liquidaron un proxecto de vivenda protexida para a mocidade.
Ignacio Escolar analiza nun artigo a proposta de censura á prensa lanzada polo ministro de Xustiza, Rafael Catalá, que propón multar os medios que publiquen determinadas informacións xudiciais.
O DOG publica os permisos aos que se pode acoller o persoal da Xunta que teña que traballar na xornada das eleccións municipais
O Goberno central insta a Xunta a facilitar a apertura de grandes superficies comerciais prescindindo do permiso autonómico. No Faro de Vigo