Acordo para aprobar o orzamento municipal definitivo na Coruña. Goberno local e PSOE votan a favor dos cambios pactados para modificar as contas aprobadas o 1 de abril.
Fálase
O PP organiza un foro sobre "malas prácticas de gobiernos extremistas" no que intervirá o seu voceiro no Parlamento galego, Pedro Puy.
A Comisión Europea admite que atrasa as posibles sancións a España polas eleccións. O comisario Pierre Moscovici di en El Español que a prórroga para cumprir o déficit é decidida por "respecto á democracia".
A Marea Atlántica decidirá o vindeiro día 26 "se lle presta o seu apoio" a En Marea nas eleccións do 26-X. A decisión será tomada na Rede, a asemblea que é o "máximo órgano de toma de decisións" da plataforma coruñesa.
O Goberno de España condedora por segunda vez os gardas civís que bateron nun migrante en Melilla, feitos polos que a xustiza os absolveu.
PP e Ciudadanos centran en Venezuela a precampaña das xerais do 26 de xuño. Por Gonzalo Cortizo en eldiario.es
O BNG pide a En Marea que concrete "con rigor" a súa oferta de Mesa polo Cambio Político. A portavoz nacional e candidata do Bloque, Ana Pontón, respondeu por carta ao convite da coalición.
A Comisión Europea limita a 8.000 millóns de euros os axustes que obriga a realizar a España nos vindeiros dous anos, fronte aos 13.000 millóns previstos inicialmente.
A militancia de Anova vota ao longo de todo este mércores -e ata o xoves ás 11 horas- as persoas que se integrarán nas listas de En Marea nas eleccións do 26 de xuño
O Goberno de España prohibe as bandeiras independentistas catalás na final da Copa do Rei. Case ao mesmo tempo, veta tamén pancartas da afección do Cádiz no play off que enfrontará o equipo andaluz co Racing de Ferrol, segundo informa Ferrol 360.