Gayoso comeza a súa comparecencia na comisión sobre as caixas no Parlamento. Mauro Varela, José Luis Pego e José Luis Méndez tamén intervirán no día de hoxe.
Fálase
Rajoy pretende eliminar o Valedor de Pobo e o Tribunal de Contas. A reforma da Administración será anunciada hoxe tras o Consello de Ministros.
Eldiario.es entrevista o xuíz Silva, que asegura que "xa non hai caso Blesa". O maxistrado cre que a Audiencia de Madrid eliminou na práctica a investigación sobre o banqueiro.
O Brasil vive as maiores protestas malia a supresión da suba do trannsporte. Un millón de persoas paralizan as principais cidades do país.
O Goberno central proporá eliminar o Valedor do Pobo, segundo informa Europa Press na súa web.
Xa está en marcha a reunión na que Mariano Rajoy e Alfredo Pérez Rubalcaba selan o pacto PP-PSOE sobre a posición do Goberno central ante diversas medidas da Unión Europea, entre outros asuntos.
A Xunta avanzou hoxe o calendario laboral de 2014. O único festivo de carácter autonómico é o Día das Letras e San Xoán non volve ser día non laborable.
O colectivo Nuevo Socialismo 3.0 pide que os militantes do PSOE voten sobre o pacto europeo asinado por Rubalcaba e Rajoy: "Consideramos que esta estratexia de oposición é inútil aos cidadáns e pensamos que a dirección actual do partido se equivoca gravemente ao aceptar este pacto". Un vídeo amosa a Elena Valenciano preguntándolle a Eduardo Madina se "lidera o sector critico" a este pacto.
A OMS alerta de que a violencia contra as mulleres adquiriu "proporcións epidémicas". Unha de cada tres mulleres é vítima de violencia física ou sexual por parte da súa parella. Os países ricos presentan unhas cifras semellantes aos dos países empobrecidos.
A Xunta aproba a convocatoria dos Premios da Cultura Galega 2013, que incorporan unha nova modalidade: o Premio Cultura Galega de Lingua, que recoñecerá o labor a prol da valoración e extensión do uso do galego