A proposta de nova Lei de Axuizamento Criminal na que traballa o Ministerio de Xustiza prevé a censura nalgúns procedementos xudiciais, segundo adianta Público.es
A proposta de nova Lei de Axuizamento Criminal na que traballa o Ministerio de Xustiza prevé a censura nalgúns procedementos xudiciais, segundo adianta Público.es
O voceiro do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, lamenta que TVE asegure que só UPyD "cumpre a paridade" nos escanos do Congreso e obvie que o Bloque está representado por dúas mulleres
Ás 17:00 comeza o partido entre a Ponferradina e o CD Lugo. Considerado un derbi por ambas afeccións, agárdase a presenza duns 1.500 siareiros e siareiras lucenses no Toralín.
Hóquei a patíns. O Liceo ratifica o seu liderado na OK Liga tras vencer na pista do Igualada por 3 a 4. A falta de só unha xornada para o final da primeira volta, os coruñeses avantaxan o Barcelona en dous puntos e o Vendrell, sorprendente terceiro colocado, en dez. Na Primeira División masculina, o Cerceda gañou 4 a 2 na casa fronte ao Areces asturiano e consolídase nos tres primeiros postos que dan dereito ao ascenso. En categoría feminina, nova derrota do Traviesas vigués, desta vez por 0 a 6 na casa fronte ao potente Biesca xixonés: as viguesas seguen colistas, con 0 puntos tras as nove primeiras xornadas. Pola súa banda, o Borbolla caeu por 2-4 ante o Palau.
O Obradoiro perde por 89-87 ante o Joventut de Badalona e non xogará a Copa do Rei de Baloncesto tras un partido no que chegou a ir gañando por 16 puntos.
O Ministerio do Interior incluirá as pistolas de paintball no regulamento de armas, segundo conta La Información
Ángel Carromero, dirixente de Nuevas Generaciones condenado en Cuba por homicidio imprudente, cobra máis de 50.000 euros anuais por "axudarlle a unha concelleira" de Madrid. Cóntao El País.
O Partido Socialista de Portugal advirte de que non será "cómplice" dos novos recortes impostos polo FMI e reclama eleccións anticipadas se son aplicados. No diario Público.
O PP confirma que vetará a investigación dos contratos de Baltar na Deputación de Ourense. Cóntao Galiciaé
O Obradoiro pode conseguir esta mañá a súa primeira clasificación para a Copa do Rei de baloncesto. Participará no torneo se lle gaña ao Joventut no partido que comeza ás 12:40 e que retransmite en directo a TVG2.