A Deputación de Lugo lanza un programa de campamentos de balde para nenos e nenas con 765 prazas.
Fálase
O Ministerio do Interior gasta 32 millóns de euros en seis helicópteros para a Policía e a Garda Civil. Cóntao El Periódico de Catalunya
O BNG podería acudir ás eleccións europeas en coalición con ERC, PSM, Compromís ou a Chunta, segundo adianta Vilaweb.
A Xustiza forza a reapertura da televisión pública en Grecia, pechada a pasada semana por decisión gobernamental para cumprir as esixencias de austeridade da troika. Cóntao The Guardian.
El Diario analiza a situación das persoas residentes en Alemaña ás que o Estado lles nega a asistencia sanitaria.
Fomento ordena agora que os sinais das autoestradas estean rotulados en galego, castelán e inglés, segundo conta La Voz
Xoel López obtivo os galardóns ao mellor artista do ano e ao mellor disco de canción de autor nos Premios da Música Independente que se entregaron este luns. Xoán Curiel levou o premio ao mellor disco en galego por Magnético Zen
O peche da arbitraje deixa o xulgado como única via para 39.000 afectados se queren recuperar todos os seus cartos. A Xunta e o Poder Xudicial prepáranse para recibir unha morea de demandas, e mesmo prevén crear dous xulgados bis en Vigo e A Coruña.
Imputados nos casos ‘Nóos’, ‘Gürtel’ e a trama china intentan eludir o delicto fiscal coa amnistía de Montoro
Cando menos 30.000 estudantes universitarios (un 2,3% do total) corren o risco de ser expulsados dos campus españois por non poder pagar as matrículas. As universidades perderon máis de 1.240 millóns de euros dende 2008, e en paralelo aumentaron as taxas e concedéronse menos bolsas ao endurecerse os requisitos académicos