Un estudo do Pew Research Center indica que os españois perden rapidamente a súa confianza na construción europea e no capitalismo. Aínda que o 60% dos españois seguen apoiando a pertenza á UE (moi por riba de Gran Bretaña e Grecia), este apoio descendeu case vinte puntos nos dous últimos anos. De igual xeito, a enquisa amosa que en España só o 47% dos entrevistados apoian o libre mercado, 15 puntos menos que en 2010
Fálase
Un parque eólico en Piñor, Dozón e O Irixo ameaza as captacións de auga para consumo e regadío, segundo La Región
O TSXG avala a retirada da estatua de Millán Astray e da súa condición de fillo predilecto da Coruña, desestimando o recurso da Asociación Cultural e Deportiva de Veteranos da Lexión
Lara Graña entrevista a Joaquín Almunia no Faro de Vigo. O comisario europeo de Competencia salienta que "Bruxelas ten que garantir se o novo tax lease é compatible ou hai que modificalo"
O Financial Times tamén lle dedica a súa portada e o seu editorial a España. Afirma que "o feito de prometer que non deixará caer ningún banco é o que realmente fai que un país caia" e salienta que o BCE rexeita os plans de Madrid para reflotar Bankia
Le Monde dedica o seu editorial á situación económica española e á quebra de Bankia. Cualifica a Rajoy de "quixotesco" e "orgulloso" por non pedirlle axuda á UE e por non asumir que "o estado dos bancos españois alimenta unha desconfianza crecente".
Mitt Romney, confirmado definitivamente como candidato republicano á presidencia norteamericana, pide que Estados Unidos arme os grupos rebeldes en Siria e critica a "morna" política de Obama; porén, o seu partido está dividido ante esta cuestión
A UE podería ser máis flexible cos prazos dados a España para cumprir as esixencias de redución do déficit, pero esixe acelerar o atraso da xubilación, endurecer as prestacións por desemprego e subir o IVE
Un concello de Cáceres convoca un referendo entre a súa veciñanza para decidir se gasta 15.000 euros en touradas ou en crear novos postos de traballo. En Público.
O diario Ara repasa as indemnizacións millonarias das antigas caixas. Entre as destacadas, Novacaixagalicia.