O TSXG avala a retirada da estatua de Millán Astray e da súa condición de fillo predilecto da Coruña, desestimando o recurso da Asociación Cultural e Deportiva de Veteranos da Lexión
Fálase
Lara Graña entrevista a Joaquín Almunia no Faro de Vigo. O comisario europeo de Competencia salienta que "Bruxelas ten que garantir se o novo tax lease é compatible ou hai que modificalo"
O Financial Times tamén lle dedica a súa portada e o seu editorial a España. Afirma que "o feito de prometer que non deixará caer ningún banco é o que realmente fai que un país caia" e salienta que o BCE rexeita os plans de Madrid para reflotar Bankia
Le Monde dedica o seu editorial á situación económica española e á quebra de Bankia. Cualifica a Rajoy de "quixotesco" e "orgulloso" por non pedirlle axuda á UE e por non asumir que "o estado dos bancos españois alimenta unha desconfianza crecente".
Mitt Romney, confirmado definitivamente como candidato republicano á presidencia norteamericana, pide que Estados Unidos arme os grupos rebeldes en Siria e critica a "morna" política de Obama; porén, o seu partido está dividido ante esta cuestión
A UE podería ser máis flexible cos prazos dados a España para cumprir as esixencias de redución do déficit, pero esixe acelerar o atraso da xubilación, endurecer as prestacións por desemprego e subir o IVE
Un concello de Cáceres convoca un referendo entre a súa veciñanza para decidir se gasta 15.000 euros en touradas ou en crear novos postos de traballo. En Público.
O diario Ara repasa as indemnizacións millonarias das antigas caixas. Entre as destacadas, Novacaixagalicia.
Fútbol. Suspenden as apostas para o Celta-Córdoba. Varias das máis importantes empresas do sector deciden non permitir apostar ao encontro decisivo do equipo vigués, ante as suspicacias dun partido no que o empate lle vale aos dous conxuntos para conseguir os seus obxectivos. Imaxe de noticiascelta.com.
O gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, comunícalle a Rajoy a súa vontade de deixar o seu posto un mes antes do previsto, isto é, o 10 de xuño.