O gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, comunícalle a Rajoy a súa vontade de deixar o seu posto un mes antes do previsto, isto é, o 10 de xuño.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fc4f790c2ea9-fernandez-ordonez-avala-subida-iva-apoya-fiscalidad-verde.jpg)
O gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, comunícalle a Rajoy a súa vontade de deixar o seu posto un mes antes do previsto, isto é, o 10 de xuño.
Un xuíz de Madrid abre dilixencias previas contra Fernández Ordóñez, Rato e Blesa polas presuntas irregularidades cometidas na xestión de CajaMadrid.
O actor e deputado de UPyD Toni Cantó censura que o BNG parabenice dende o Congreso dos Deputados o Deportivo polo seu ascenso á Primeira División "coa que está caendo"
Anxo Angueira ponse á fronte dunha Fundación Rosalía “en estado de emerxencia”. O seu obxectivo é que a entidade con sede na Casa da Matanza sobreviva despois dunha situación de emerxencia.
Jot Down publica unha extensa entrevista con Mónica Oltra na que a deputada de Compromís afirma que “a crise é unha estafa a grande escala”
A Unión Europea rexeita a proposta francesa de prohibir o maíz transxénico MON 810, que segundo París presenta riscos importantes para o medio ambiente.
Xa se pode descargar Todas as letras do Día das Letras Galegas, o libro co que a RAG conmemora os 50 anos desta celebración.
O Ministerio de Defensa frea a desclasificación de 10.000 documentos gobernamentais e militares do franquismo que dispuxera o departamento con Carme Chacón á súa fronte. O gabinete de Rajoy coida que podería afectar as relacións diplomáticas do Estado e os historiadores ven "escurantismo". Na Cadena SER.
O déficit do Estado sobe un 51,4% até abril e xa suma 25.462 millóns, o 2,4% do PIB.
Un directivo de Bankia ten dereito a unha indemnización de 14 millóns de euros. Desvélao El País.