Jot Down publica unha extensa entrevista con Mónica Oltra na que a deputada de Compromís afirma que “a crise é unha estafa a grande escala”
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fc4cc73285e8-mc3b3nica-oltra-para-jot-down-7.jpg)
Jot Down publica unha extensa entrevista con Mónica Oltra na que a deputada de Compromís afirma que “a crise é unha estafa a grande escala”
A Unión Europea rexeita a proposta francesa de prohibir o maíz transxénico MON 810, que segundo París presenta riscos importantes para o medio ambiente.
Xa se pode descargar Todas as letras do Día das Letras Galegas, o libro co que a RAG conmemora os 50 anos desta celebración.
O Ministerio de Defensa frea a desclasificación de 10.000 documentos gobernamentais e militares do franquismo que dispuxera o departamento con Carme Chacón á súa fronte. O gabinete de Rajoy coida que podería afectar as relacións diplomáticas do Estado e os historiadores ven "escurantismo". Na Cadena SER.
O déficit do Estado sobe un 51,4% até abril e xa suma 25.462 millóns, o 2,4% do PIB.
Un directivo de Bankia ten dereito a unha indemnización de 14 millóns de euros. Desvélao El País.
Feijóo defende o galego "porque sabéndoo pódeste comunicar con máis de 200 millóns de persoas no ámbito da lusofonía". O presidente da Xunta respondeu así ás críticas de dúas xornalistas de Intereconomía, que censuraban que houbese materias unicamente en galego nos colexios do país.
A economía española continuará en recesión no segundo trimestre do ano, segundo o último boletín publicado polo Banco de España.
A Xunta amplía a axenda do presidente para hoxe. Este mediodía recibirá os planteis do Club Deportivo Ourense e do Club Ourense Baloncesto polos seus respectivos ascensos á 2ºB de fútbol e á LEB Ouro.
Lista completa (e moi longa) de todos os que non pagan o IBI. En La Información.