A Xunta amplía a axenda do presidente para hoxe. Este mediodía recibirá os planteis do Club Deportivo Ourense e do Club Ourense Baloncesto polos seus respectivos ascensos á 2ºB de fútbol e á LEB Ouro.
Fálase
Lista completa (e moi longa) de todos os que non pagan o IBI. En La Información.
A prima de risco continúa en máximos históricos, ao alcanzar os 511 puntos. A súa evolución pódese seguir aquí.
O ministro de Exteriores vincula a desconfianza en España cos asubíos ao himno, que cre que "debilitan a identidade nacional" e "prexudican non só os intereses da nación, senón de todos os españois". García Margallo cre que os mercados tamén teñen en conta estes xestos.
O Goberno aprobará esta semana hispanobonos con aval do Estado para financiar as comunidades autónomas. O Tesouro xa os tería presentado aos bancos colocadores, segundo VozPopuli.
Os activos tóxicos de Bankia na construción superan os 40 mil millóns de euros, máis do dobre que calquera outra entidade financeira española.
Grupos de manifestantes atacan e lanzan cócteles molotov contra a sede de Ahmed Shafiq, o candidato de Mubarak nas eleccións exipcias, que irá á segunda volta co representante dos Irmáns Musulmáns.
Bankia, Novagalicia e Catalunya Caixa suman 4.500 millones de euros en participacións preferentes colocadas aos seus usuarios. Cinco Días afirma que as entidades valoran a súa conversión en depósitos para reter os clientes
O Deportivo remata a súa festa polo ascenso nunha ateigada praza de María Pita, que homenaxeou os seus heroes. A afección volveu pedir a Colotto que quede e centrou as súas louvanzas en Álex Bergantiños, Valerón, Riki ou Xisco. Imaxe de @canaldeportivo
Organizan unha Romaría Pop o vindeiro sábado 16 de xuño no Parque de Belvís de Santiago de Compostela. Actuarán Mequetrefe, La Familia, Músculo!, Diadermin, Disco Las Palmeras!, Sr. Fluzo, The Winning Numbers e Álex Casanova. Do mellorciño do pop-rock galego, con entrada de balde