Bankia, Novagalicia e Catalunya Caixa suman 4.500 millones de euros en participacións preferentes colocadas aos seus usuarios. Cinco Días afirma que as entidades valoran a súa conversión en depósitos para reter os clientes
Fálase
O Deportivo remata a súa festa polo ascenso nunha ateigada praza de María Pita, que homenaxeou os seus heroes. A afección volveu pedir a Colotto que quede e centrou as súas louvanzas en Álex Bergantiños, Valerón, Riki ou Xisco. Imaxe de @canaldeportivo
Organizan unha Romaría Pop o vindeiro sábado 16 de xuño no Parque de Belvís de Santiago de Compostela. Actuarán Mequetrefe, La Familia, Músculo!, Diadermin, Disco Las Palmeras!, Sr. Fluzo, The Winning Numbers e Álex Casanova. Do mellorciño do pop-rock galego, con entrada de balde
Unha petición en change.org esixe que o Concello de Boiro non peche o Local Social Aturuxo
Poucos días antes da súa constitución formal as siglas de Ecogaleguistas foron inseridas no rexistro do Ministerio do Interior por persoas alleas á organización, segundo confirman dende o entorno do partido. Finalmente, constituise como Espazo Ecosocialista.
O PP engraxa a maquinaria de precampaña tamén dende o seu aparello estatal. O 20 e 21 de xullo celebrará en Galicia unha "intermunicipal", con alcaldes e edís de todo o Estado.
O Deportivo comeza o seu percorrido polas rúas da Coruña para celebrar o ascenso. Na madrugada de onte, a festa na cidade deixou esta espectacular imaxe aos pés da Torre de Hércules, a onde tamén acudiron os xogadores.
Fútbol. O Lugo enfrontarase ao Atlético Baleares na segunda eliminatoria de ascenso a Segunda División. Nas eliminatorias polo ascenso a 2ªB, o Alondras xogará contra o Racing de Santander B e o Cerceda ante o Fuenlabrada.
Os Cuadernos Rubio actualízanse e presentan una aplicación para iPad
O recital Tasca e Literatura, que todos os anos organiza no Carballiño a Agrupación Cultural Avantar, trasládase esta semana a Ourense. Este venres o Café Cultural Auriense presentará as voces de nove poetas, encabezados por O Leo, María Lado ou Concha Rousia.