O Goberno aprobará esta semana hispanobonos con aval do Estado para financiar as comunidades autónomas. O Tesouro xa os tería presentado aos bancos colocadores, segundo VozPopuli.
Fálase
Os activos tóxicos de Bankia na construción superan os 40 mil millóns de euros, máis do dobre que calquera outra entidade financeira española.
Grupos de manifestantes atacan e lanzan cócteles molotov contra a sede de Ahmed Shafiq, o candidato de Mubarak nas eleccións exipcias, que irá á segunda volta co representante dos Irmáns Musulmáns.
Bankia, Novagalicia e Catalunya Caixa suman 4.500 millones de euros en participacións preferentes colocadas aos seus usuarios. Cinco Días afirma que as entidades valoran a súa conversión en depósitos para reter os clientes
O Deportivo remata a súa festa polo ascenso nunha ateigada praza de María Pita, que homenaxeou os seus heroes. A afección volveu pedir a Colotto que quede e centrou as súas louvanzas en Álex Bergantiños, Valerón, Riki ou Xisco. Imaxe de @canaldeportivo
Organizan unha Romaría Pop o vindeiro sábado 16 de xuño no Parque de Belvís de Santiago de Compostela. Actuarán Mequetrefe, La Familia, Músculo!, Diadermin, Disco Las Palmeras!, Sr. Fluzo, The Winning Numbers e Álex Casanova. Do mellorciño do pop-rock galego, con entrada de balde
Unha petición en change.org esixe que o Concello de Boiro non peche o Local Social Aturuxo
Poucos días antes da súa constitución formal as siglas de Ecogaleguistas foron inseridas no rexistro do Ministerio do Interior por persoas alleas á organización, segundo confirman dende o entorno do partido. Finalmente, constituise como Espazo Ecosocialista.
O PP engraxa a maquinaria de precampaña tamén dende o seu aparello estatal. O 20 e 21 de xullo celebrará en Galicia unha "intermunicipal", con alcaldes e edís de todo o Estado.
O Deportivo comeza o seu percorrido polas rúas da Coruña para celebrar o ascenso. Na madrugada de onte, a festa na cidade deixou esta espectacular imaxe aos pés da Torre de Hércules, a onde tamén acudiron os xogadores.