O BNG non apoiará a Martínez na Deputación de Lugo ao estar imputado. O alcalde de Becerreá foi elixido polos concelleiros do PSOE e di que non cederá pero o Bloque mantén o seu veto.
Fálase
O Concello da Coruña pon en marcha un vale de comidas e un servizo de recollida de comida a domicilio para familias en emerxencia social. 60 menores beneficiaranse destas medidas, anunciadas hoxe pola concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán.
Alberto Garzón defende en Ferrol a "unidade popular" nun acto xunto ao alcalde da cidade, Jorge Suárez. O líder de IU pon como exemplo de confluencia as Marchas da Dignidade.
O PP bloquea a elección de Besteiro como senador autonómico en represalia contra os socialistas por propoñer a Leiceaga como membro do Consello de Contas.
Verónica Boquete denuncia a "falta de apoio e de preparación necesaria" para a selección española feminina, que caeu eliminada na primeira fase do Mundial. O equipo viaxou a Canadá sen disputar amigable ningún en dous meses.
Unha peritaxe culpa a Adif de non prever a posibilidade de que o maquinista de Angrois puidese despistarse. Cóntao David Reinero en El País Galicia
Manuel Martínez gaña a votación do PSdeG no partido xudicial de Lugo cara á elección do presidente da Deputación. O alcalde de Becerreá logrou 59 votos e o secretario xeral provincial, Juan Carlos González Santín, 31.
A bióloga Aida Fernández Ríos, profesora no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo, ingresa esta tarde na Real Academia Galega de Ciencias. O seu discurso de ingreso leva por título “Acidificación do mar: unha consecuencia das emisións de CO2”
El País revela conversas telefónicas dos presuntos asasinos de Jimmy. Recoñecen a súa participación na malleira pero o fiscal deixounos en liberdade onte por falta de probas.
Convergència confirma a ruptura con Unió e asegura que irán por separado ás eleccións. "Acabamos esta colaboración política e queremos unha separación amigable", din os converxentes.