Os mercados non dan tregua. A prima de risco pecha en 580 puntos, o bono no 7% e o Ibex con subas do 0,6% o día no que o Congreso validou os duros recorteso do Goberno.
Fálase
O PP gábase en Twitter de que Feijóo cobra "menos que Pachi Vázquez cando era conselleiro"
A Xunta celebra mañá un Consello extraordinario para aprobar a aplicación en Galicia dos recortes aos empregados públicos. Ao contrario do que é habitual, tras esa xuntanza non haberá unha comparecencia de Alberto Núñez Feijóo ante a prensa.
O Congreso acaba de aprobar o último paquete de recortes do Goberno co único apoio do PP. 180 votos a favor, 131 en contra e unha abstención. Os deputados de Amaiur, ERC, BNG e Izquierda Plural marcharon do hemiciclo durante a votación. Máis información, esta tarde en Praza.
As concentracións de persoal público desta mañá producíronse tamén na sede da CRTVG, que protestaron "contra os recortes aprobados polo Goberno e en solidariedade cos traballadores e traballadoras afectados por un ERE" na televisión valenciana.
A voceira do BNG no Parlamento, Ana Pontón, esixe a retirada da campaña na que a Consellería de Industria gastará un millón de euros para apostar polo "emprendemento" e o "optimismo" ante a crise.
A Mesa censura que a Secretaría Xeral de Política Lingüística "colaborase nunha exposición en castelán sobre as vodas, bautizos e comuñóns da familia real española"
Funcionarios da Consellería de Medio Rural en Viveiro maniféstanse espontaneamente contra os recortes ante a xefatura territorial de Celeiro.
O Tribunal Constitucional admite un recurso do PSOE contra a amnistía fiscal. Cóntao Público.
Os traballadores do Instituto de Investigación Mariñas de Vigo, pertencente ao CSIC, maniféstanse contra os recortes que afectan gravemente a maior institución investigadora do Estado.