O Tesouro español coloca o máximo previsto, 4.576 millóns, a un interese máis baixo.
Fálase
Joseph Stiglitz insiste en que "a austeridade non vai funcionar" en España. O economista e premio Nobel asegura que un novo rescate só provocaría "máis recesión e máis paro" nunha entrevista en El Periódico.
A morosidade da banca dispárase ao 9,86% en xullo e marca o seu máximo histórico. Os créditos morosos totais do sector financeiro en España creceron en case 1.000 millóns de euros nese mes.
Os problemas volverán ao mercado se o Goberno central non pide en breve o rescate. Así o aseguran varios expertos en Expansión, que advirten da excesiva demora de Mariano Rajoy.
Os xefes de campaña de PPdeG, PSdeG e BNG, Alfonso Rueda, Pablo García e Montse Prado, reúnense esta tarde na sede da CRTVG para negociaren os termos dos debates electorais previos ao 21-O
A Consellería de Industria ordenoulles aos seus funcionarios ocultar informes contrarios a empresas eólicas. Cóntao o diario El País.
O Tribunal Constitucional comeza este martes a analizar o recurso que o PP presentou contra o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Os populares levan sete anos con esta lei recurrida.
Artur Mas insta os empresarios cataláns a incrementar as súas exportacións fóra de España: "é fundamental para os tempos que veñen, se vendemos máis ao exterior será máis fácil asumir os retos que temos como pais"
Romney, cazado nun video insultando os votantes hispanos e en xeral todos os que cobran prestacións sociais: "Estamos pasando un duro momento cos votantes hispanos, estamos nun problema como partido e creo que como nación ... cren que son víctimas, que el gobierno é responsable de coidar deles e votarán o presidente".
Público relata como se recuperou o busto de Pablo Iglesias soterrado no parque de El Retiro en 1939 para evitar que fose destruido polos fascistas. O delineante José Pradal debuxou un mapa coa súa localización, grazas ao que o busto foi recuperado en 1979.