Publican un video que denuncia a presión que exercen nas ofertas telefónicas os comerciais das compañias eléctricas. Neste caso trátase dun representante de E-On sobre unha muller galega de 83 anos
Fálase
Barreras anuncia que empezará a construír o buque de Pemex antes do mes de maio. Negocia a contratación doutros dous buques, segundo aclara o seu presidente.
Un video de Publico.pt pregúntalles a varios mozos e mozas portuguesas se Os jovens só têm futuro na emigração?
The New Yorker relata en Requiem for a Dream a vida e personalidade de Aaron Swartz a través das visións dos seus amigos e familiares
- PSdeG, AGE e BNG piden conxuntamente unha comparecencia "urxente" de Feijóo sobre os casos de presunta corrupción que lle afectan ao PP
Izquierda Unida pídelles aos cidadáns que se unan á querella polo 'caso Bárcenas'. Creou unha web na que se pode acceder e asinar a querella
Esta mañá comparece nos xulgados de Lugo o ex alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa. Está chamado a declarar en calidade de imputado no caso Manga, derivado da operación Pokémon.
O paro aumenta en Galicia en máis de 2.000 persoas en febreiro e alcanza os 292.823 desempregados, segundo os datos do Ministerio de Emprego. A suba é do 0,7% con respecto ao mes de xaneiro e do 6,6% en termos interanuais. Máis información, nuns minutos en Praza.
Pescanova, en preconcurso de acredores, volve cotizar. Os títulos da compañía galega regresan ao parqué tras a suspensión da CNMV do pasado venres.
O paro sobe en febrero en case 60.000 persoas no Estado e xa pasa dos cinco millóns, segundo os datos rexistrados nas oficinas públicas de emprego. É a menor suba desde 2008.