O Ministerio de Exteriores distribúe entre as embaixadas españolas un argumentario de máis de 200 páxinas contra o proceso soberanista catalán. En El País
O Ministerio de Exteriores distribúe entre as embaixadas españolas un argumentario de máis de 200 páxinas contra o proceso soberanista catalán. En El País
O BOE publica hoxe a reforma local do Goberno central, que mañá entra en vigor con todo o municipalismo galego en contra.
O gran patrimonio galego non tributa en Galicia. Nos últimos cinco anos anos, 26 sicav desapareceron do país. En 2011 xestionaban unha fortuna duns 170 millóns e hoxe tan só suman 15.
O Obradoiro cae ante o Baskonia en Compostela malia o excelente partido de Corbacho, que anotou 31 puntos e 7 triplas.
O naval galego, pendente das adxudicacións de Pemex para os floteis. A petroleira comunicará que dous estaleiros construirán os buques logo de varios atrasos e tras as promesas incumpridas da Xunta.
O fiscal acusa unha diputada do PPdeG de prevaricación e falsidade documental. María Faraldo apoiou a contratación ilegal dun profesor do conservatorio de Betanzos e indicoulle como "burlar a lei" ocultándollo ao pleno municipal.
O fiscal do Constitucional apoia a exhumación de restos de vítimas do franquismo. Lembra que hai unha "persistente negativa dos órganos xudiciais a escoitar" os familiares dos represaliados.
A Xunta activa de novo a alerta no litoral da Coruña e Pontevedra por un temporal de vento para mañá, luns
O músico Roi Casal e o seu grupo presentan o videoclip do tema que lle porá música a Caseiros, unha nova serie da TVG
Feijóo defende que a venda de empresas galegas a compañías foráneas se debe á "confianza" que os "grandes investidores" teñen en Galicia. Asegúrao nunha entrevista en El Correo Gallego