Feijóo defende que a venda de empresas galegas a compañías foráneas se debe á "confianza" que os "grandes investidores" teñen en Galicia. Asegúrao nunha entrevista en El Correo Gallego
Feijóo defende que a venda de empresas galegas a compañías foráneas se debe á "confianza" que os "grandes investidores" teñen en Galicia. Asegúrao nunha entrevista en El Correo Gallego
O Goberno central creou, de media, un organismo novo por cada Consello de Ministros do ano 2013. En El Diario
A mensaxe de fin de ano Feijóo terá este ano o Centro de Transfusións de Galicia como plató para centralo no recordo ao accidente de Angrois, segundo sinala La Voz
O combinado galego perdeu por 1-6 ante Occitania no partido organizado por Siareiros Galegos para reivindicar a oficialidade das seleccións deportivas galegas (foto: @LucasCondeGZ)
Ás 20:00 comeza no campo lugués do Polvorín o encontro Galicia-Occitania organizado polo colectivo Siareiros Galegos en reivindicación das seleccións deportivas do país
Dende as 17:00 está en marcha A radio conta, que abre tamén unha vía para colaborar telefonicamente
O colectivo de presos de ETA recoñece o dano causado e abre a porta a acollerse a beneficios penitenciarios establecidos no ordenamento legal. En Naiz
O Valedor do Pobo diríxese de oficio ás compañías eléctricas para esixir explicacións polos cortes de luz dos últimos días. Nalgúns puntos do país como o Concello de Teo, destaca o comisionado, "o corte prolongouse máis de corenta horas".
Antiabortistas acosan profesionais e pacientes dunha clínica na que se practican abortos en Madrid, segundo está a contar a xornalista Luz Sánchez Mellado. Fano porque hoxe é, segundo a tradición católica o 'Día dos Inocentes'.
Esta tarde celébrase a iniciativa A radio conta, un programa histórico emitido conxuntamente por todas as emisoras radiofónicas da Coruña para colaborar coa ONG Renacer.