A investigadora Iria Presa difunde na rede o expediente do poeta Manoel Antonio na "Escuela de Náutica de Vigo", que recuperou nun arquivo de Bilbao

A investigadora Iria Presa difunde na rede o expediente do poeta Manoel Antonio na "Escuela de Náutica de Vigo", que recuperou nun arquivo de Bilbao
CCOO presentará publicamente este luns a súa proposta de unidade de acción sindical, que xa lles trasladou a UGT e CIG. O novo secretario xeral da central, Ramón Sarmiento, xa avanzara que unha das súas primeiras actuacións sería formular esta proposta
Juan Goytisolo morre en Marrakech aos 86 anos de idade. A saúde do escritor, Premio Cervantes en 2014, empeorara nos últimos meses.
O Goberno municipal de Ferrol impulsará unha moción de confianza para aprobar os seus orzamentos, unha fórmula xa empregada pola Coruña ou Lalín, entre outras localidades. Denuncia "unha pinza" de PP e os tres edís do PSdeG-PSOE fieis a Beatriz Sestayo que "están pensando xa en 2019 en lugar de pensar nos veciños e veciñas de Ferrol".
Silleda celebra este domingo unha consulta popular sobre o traslado da súa Casa Consistorial. O goberno local busca agrupar nunha soa sede as dependencias municipais, agora repartidas en tres lugares diferentes da localidade. As urnas pecharán ás 20 horas e os resultados coñecerense ao redor das 21.30 horas.
O PSdeG-PSOE reclama "xulgados de reforzo" nas sete cidades galegas ante o "aluvión de demandas" polas cláusulas solo bancarias. Hai uns días o Consello da Avogacía Galega tamén se pronunciou contra a decisión de centralizar os litixios hipotecarios en só 4 xulgados na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
Máis de cincuenta asociacións crean a Rede de Patrimonio Cultural. O principal obxectivo da entidade será velar pola protección, a divulgación e a defensa do patrimonio cultural do país.
Centos de persoas participaron este sábado na marcha anual contra o complexo de Lourizán, organizada pola APDR. "É importante que este ano consigamos pechar Elnosa porque detrás iría Ence", destacou Antón Masa.
Londres sofre dous novos atentados a catro días das eleccións británicas. Hai confirmados seis mortos, ademáis dos tres atacantes, e 48 persoas feridas