O Goberno municipal de Ferrol impulsará unha moción de confianza para aprobar os seus orzamentos, unha fórmula xa empregada pola Coruña ou Lalín, entre outras localidades. Denuncia "unha pinza" de PP e os tres edís do PSdeG-PSOE fieis a Beatriz Sestayo que "están pensando xa en 2019 en lugar de pensar nos veciños e veciñas de Ferrol".
Fálase
Silleda celebra este domingo unha consulta popular sobre o traslado da súa Casa Consistorial. O goberno local busca agrupar nunha soa sede as dependencias municipais, agora repartidas en tres lugares diferentes da localidade. As urnas pecharán ás 20 horas e os resultados coñecerense ao redor das 21.30 horas.
O PSdeG-PSOE reclama "xulgados de reforzo" nas sete cidades galegas ante o "aluvión de demandas" polas cláusulas solo bancarias. Hai uns días o Consello da Avogacía Galega tamén se pronunciou contra a decisión de centralizar os litixios hipotecarios en só 4 xulgados na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
Máis de cincuenta asociacións crean a Rede de Patrimonio Cultural. O principal obxectivo da entidade será velar pola protección, a divulgación e a defensa do patrimonio cultural do país.
Centos de persoas participaron este sábado na marcha anual contra o complexo de Lourizán, organizada pola APDR. "É importante que este ano consigamos pechar Elnosa porque detrás iría Ence", destacou Antón Masa.
Londres sofre dous novos atentados a catro días das eleccións británicas. Hai confirmados seis mortos, ademáis dos tres atacantes, e 48 persoas feridas
Unha furgoneta atropela varias persoas na Ponte de Londres, no sur da capital británica, dende onde chegan informacións de disparos no Borough Market, próximo á zona. A BBC está a informar ao vivo do acontecido
Unha manifestación protestou en Madrid contra a ratificación por parte do Goberno español do Tratado de Libre Comercio UE-Canadá (CETA)
Pontevedra acolle este sábado varios actos contra a eucaliptización e a permanencia de ENCE e Elnosa na cidade. Ás 12 horas a APDR levou a cabo xunto a ADEGA, a Federación Ecoloxista Galega e Cousa de Raices, unha plantación de eucaliptos na Praza da Ferrería. Ás 19.30 terá lugar a "marcha contra celulosas" con saída simutánea das alamedas de Marín e Pontevedra.