Pontevedra acolle este sábado varios actos contra a eucaliptización e a permanencia de ENCE e Elnosa na cidade. Ás 12 horas a APDR levou a cabo xunto a ADEGA, a Federación Ecoloxista Galega e Cousa de Raices, unha plantación de eucaliptos na Praza da Ferrería. Ás 19.30 terá lugar a "marcha contra celulosas" con saída simutánea das alamedas de Marín e Pontevedra.
