A TVG comeza a rodaxe da que anuncia como "primeira ficción" sobre Rosalía de Castro. Melania Cruz é Rosalía e Fran Lareu fai de Manuel Murguía na miniserie Contou Rosalía.

A TVG comeza a rodaxe da que anuncia como "primeira ficción" sobre Rosalía de Castro. Melania Cruz é Rosalía e Fran Lareu fai de Manuel Murguía na miniserie Contou Rosalía.
O TSXG confirma unha sentenza contraria á residencia de maiores SAR Quavitae por non respectar os tempos de descanso do persoal. O alto tribunal tomba o recurso da compañía contra a sentenza en primeira instancia que gañara unha delegada de CCOO. Esta empresa xestiona catro residencias privadas da terceira idade en Galicia e forma parte do grupo Geriatros, que posúe outras 21 en todo o país.
No interior da casa okupada por Escarnio & Maldizer. Unha reportaxe fotográfica recuperada pola revista Pincha percorre o edificio do centro de Santiago antes do desaloxo do pasado martes.
O presidente da Asociación de Empresarios de Sada -Bernardo Valiño- e todo o seu equipo veñen de presentar a súa dimisión, trala polémica xerada pola publicación do artigo "La homosexualidad es pecado" escrito polo tesoureiro da entidade, Eduardo Lorenzo Martínez. Nos últimos días un número importante de socios e socias déronse de baixa da entidade ou amosaron o seu rexeitamento
A xuíza Sandra Piñeiro, o científico Xurxo Mariño e a asociación Ponte nas Ondas, premios Peña Novo á normalización do galego, concedidos pola fundación que leva o nome do histórico galeguista, impulsor do Estatuto do 36 e das primeiras formas organizadas do nacionalismo político no século pasado.
Vero Boquete volve ser subcampioa da Champions, desta volta co Paris Saint-Germain, e consolídase como a mellor futbolista galega de todos os tempos. O equipo da compostelá perdeu fronte ao Lyon na tanda de penalties tras rematar o partido sen goles. A xogadora xa gañou este torneo en 2015 co Frankfurt e lograra o subcampionato en 2014 co Tyresö.
VÍDEO | A UE advirte a Trump de que os EUA non poden abandonar de súpeto o acordo contra o cambio climático. Segundo o presidente da Comisión, Jean Claude Juncker, xa tentaron explicarllo ao presidente estadounidense "con frases curtas", pero sen "éxito".
As inscricións nas oficinas de emprego caeron un 2,44% en Galicia en maio, ata as 199.638, unha redución de 4.991. Son 20.826 menos que hai un ano. As afiliacións á Seguridade Social incrementáronse un 0,71% no mesmo período, un incremento de 6.836 persoas, o que incrementa a afiliación en 22.125 a respecto do mesmo mes de 2016. Máis información, hoxe en Praza.
Dende este venres pode consultarse en aberto o dossier de LaMarea.com sobre GasNatural, dentro do proxecto xornalístico #YoIBEXtigo, financiado por case dúas mil persoas a través do crowdfunding.
O Vello Cárcere de Lugo homenaxeou este xoves os condenados a morte polo franquismo coa lectura pública das súas cartas de despedida. O encontro contou coa presenza dun cento de persoas.