As inscricións nas oficinas de emprego caeron un 2,44% en Galicia en maio, ata as 199.638, unha redución de 4.991. Son 20.826 menos que hai un ano. As afiliacións á Seguridade Social incrementáronse un 0,71% no mesmo período, un incremento de 6.836 persoas, o que incrementa a afiliación en 22.125 a respecto do mesmo mes de 2016. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
Dende este venres pode consultarse en aberto o dossier de LaMarea.com sobre GasNatural, dentro do proxecto xornalístico #YoIBEXtigo, financiado por case dúas mil persoas a través do crowdfunding.
O Vello Cárcere de Lugo homenaxeou este xoves os condenados a morte polo franquismo coa lectura pública das súas cartas de despedida. O encontro contou coa presenza dun cento de persoas.
Sete concellos da área metropolitana (entre eles Arteixo, gobernado polo PP) apoian ao da Coruña fronte ao plan unilateral da Xunta de dar entrada aos autobuses comarcais ata o centro da cidade
A CIG mobilízase en Coren para forzar a empresa a negociar mellores condicións laborais para o persoal autónomo dependente. Uun cento de delegados/as concentráronse nas instalacións centrais en Ourense
A Xunta impide que o comité de empresa do 112 acompañe a Eva Solla na visita institucional ao novo Centro de Emerxencias de Galicia na Estrada. Os traballadores denuncian os colapsos na plataforma de atención ás emerxencias, que hoxe sufriu novos fallos con máis de dez chamadas en espera
A galega Vero Boquete disputa esta noita a final da Liga de Campións co PSG ante o Olympique de Lión. Será a terceira final de Champions para a compostelá, que busca o seu segundo título.
A Xunta anuncia que estenderá "o plurilingüismo a todas as etapas educativas" en 2020 e "garantirá unha aprendizaxe integral dunha primeira lingua estranxeira (nomeadamente o inglés) desde que alumno entra na escola”. A medida chegaría no décimo aniversario do vixente decreto que regula o uso das linguas no ensino.
Feijóo acusa o PSOE de "politizar" o accidente de Angrois por cambiar de opinión e agora querer investigalo no Congreso. O presidente di que "unha cousa é o que che pide a cabeza e outra o que che pide o corazón" e que os dirixentes políticos teñen que actuar coa cabeza. Reitera que é oportuna unha nova investigación técnica, que Fomento di que non pode encargar, pero que a política non debe abrirse ata que remate a xudicial.
Dimite o Fiscal Anticorrupción e alega razóns "persoais" para a súa marcha. Moix deixa o posto tras coñecerse a súa participación nunha sociedade con sede en Panamá. Está a contalo eldiario.es