A galega Vero Boquete disputa esta noita a final da Liga de Campións co PSG ante o Olympique de Lión. Será a terceira final de Champions para a compostelá, que busca o seu segundo título.

A galega Vero Boquete disputa esta noita a final da Liga de Campións co PSG ante o Olympique de Lión. Será a terceira final de Champions para a compostelá, que busca o seu segundo título.
A Xunta anuncia que estenderá "o plurilingüismo a todas as etapas educativas" en 2020 e "garantirá unha aprendizaxe integral dunha primeira lingua estranxeira (nomeadamente o inglés) desde que alumno entra na escola”. A medida chegaría no décimo aniversario do vixente decreto que regula o uso das linguas no ensino.
Feijóo acusa o PSOE de "politizar" o accidente de Angrois por cambiar de opinión e agora querer investigalo no Congreso. O presidente di que "unha cousa é o que che pide a cabeza e outra o que che pide o corazón" e que os dirixentes políticos teñen que actuar coa cabeza. Reitera que é oportuna unha nova investigación técnica, que Fomento di que non pode encargar, pero que a política non debe abrirse ata que remate a xudicial.
Dimite o Fiscal Anticorrupción e alega razóns "persoais" para a súa marcha. Moix deixa o posto tras coñecerse a súa participación nunha sociedade con sede en Panamá. Está a contalo eldiario.es
Félix Mondelo, novo presidente do Consello da Avogacía Galega. O letrado lucense era ata agora secretario da institución. Nesta entrevista do ano 2014 Mondelo debullaba en Praza.gal as dificultades xeradas polas reformas impulsadas dende o Ministerio de Xustiza, na altura dirixido por Alberto Ruiz-Gallardón.
Membros do equipo do estadounidense Bernie Sanders desprázanse a Londres para apoiar o laborista Jeremy Corbyn na recta final da campaña británica
Telmo Martín volve tomar posesión como alcalde de Sanxenxo entre eloxios ao ex-rexedor que lle entregou o poder por "valente". Cóntao Pontevedra Viva
A perda pública de apoios do fiscal anticorrupción apunta a unha saída inminente de José Manuel Moix tras a saída á luz da súa participación nunha sociedade radicada en Panamá.
O alcalde de Santiago reprocha que non foi informado do desaloxo do centro ocupado Escarnio e Maldizer por parte da Policía e censura os episodios violentos ao remate da posterior manifestación. O PP local acusa a Martiño Noriega de "incitar ao incumprimento das resolucións xudiciais" a respecto deste edificio, ocupado dende a primavera de 2014, cando os conservadores ostentaban o goberno da cidade.
O pleno do Congreso aproba os primeiros Orzamentos de Rajoy en minoría cos votos do PP, Ciudadanos, PNV, Coalición Canaria e Nueva Canarias. As contas, que agora seguen trámite no Senado, inclúen un 32% de caída do investimento en Galicia por mor da fin das grandes partidas do AVE a Madrid, cuxo calendario foi modificado nos últimos días en virtude dun pacto do PP con Foro Asturias.