Centos de persoas participaron este sábado na marcha anual contra o complexo de Lourizán, organizada pola APDR. "É importante que este ano consigamos pechar Elnosa porque detrás iría Ence", destacou Antón Masa.

Centos de persoas participaron este sábado na marcha anual contra o complexo de Lourizán, organizada pola APDR. "É importante que este ano consigamos pechar Elnosa porque detrás iría Ence", destacou Antón Masa.
Londres sofre dous novos atentados a catro días das eleccións británicas. Hai confirmados seis mortos, ademáis dos tres atacantes, e 48 persoas feridas
Unha furgoneta atropela varias persoas na Ponte de Londres, no sur da capital británica, dende onde chegan informacións de disparos no Borough Market, próximo á zona. A BBC está a informar ao vivo do acontecido
Unha manifestación protestou en Madrid contra a ratificación por parte do Goberno español do Tratado de Libre Comercio UE-Canadá (CETA)
Pontevedra acolle este sábado varios actos contra a eucaliptización e a permanencia de ENCE e Elnosa na cidade. Ás 12 horas a APDR levou a cabo xunto a ADEGA, a Federación Ecoloxista Galega e Cousa de Raices, unha plantación de eucaliptos na Praza da Ferrería. Ás 19.30 terá lugar a "marcha contra celulosas" con saída simutánea das alamedas de Marín e Pontevedra.
Os traballadores e traballadoras autónomas pagarán 8 euros máis ao mes a partir de xullo, 96 euros máis de cotización ao ano, unha suba do 3%
O prezo do leite pagado aos gandeiros galegos volveu baixar en abril, pasando dos 30,2 céntimos por litro de marzo aos 30 céntimos. O prezo pagado en Galicia está máis dun céntimo por debaixo da media española (31,3)
Un concerto solidario en Chapela (Redondela) recadou fondos para reconstruír a casa de María José Mateo, Sesé, a muller asasinada o pasado mes de febreiro pola súa ex-parella, que fixo estoupar a vivenda
A TVG comeza a rodaxe da que anuncia como "primeira ficción" sobre Rosalía de Castro. Melania Cruz é Rosalía e Fran Lareu fai de Manuel Murguía na miniserie Contou Rosalía.
O TSXG confirma unha sentenza contraria á residencia de maiores SAR Quavitae por non respectar os tempos de descanso do persoal. O alto tribunal tomba o recurso da compañía contra a sentenza en primeira instancia que gañara unha delegada de CCOO. Esta empresa xestiona catro residencias privadas da terceira idade en Galicia e forma parte do grupo Geriatros, que posúe outras 21 en todo o país.