Imputados dous policías por aporrear na cara e dar patadas a votantes na consulta do 1 de outubro en Catalunya. Adiántao eldiario.es
Fálase
O Tribunal Supremo condena o Estado español por non tramitar as 19.000 solicitudes de asilo asignadas pola UE en 2015.
Naufraga en augas próximas a Arxentina o pesqueiro galego Dorneda. A Armada Arxentina informa de que hai un falecido, un desaparecido e 25 tripulantes rescatados con vida.
WhatsApp insta a "pensar dúas veces" antes de reenviar mensaxes en cadea para evitar o espallamento de bulos. Lanza a advertencia cadrando coa implantación do sinal que advertirá se unha mensaxe desta aplicación foi reenviada e non escrita orixinalmente pola persoa remitente, tal e como recolle Código Cero
O xuíz Llarena suspende os deputados JxCat e ERC aos que atribúe rebelión, entre eles Puigdemont e Junqueras. O lexislativo catalán reprocha ao maxistrado pretender "alterar a maioría parlamentaria", xa que de non seren substituídos, esta suspensión implicaría a perda da maioría absoluta no bloque independentista.
ENQUISA | O PSOE consolida o primeiro posto en intención de voto en eleccións xerais tras a chegada de Pedro Sánchez ao Goberno de España. Segundo o inquérito de Celeste-Tel para eldiario.es, os socialistas terían algo máis do 27% dos votos, case 3 puntos máis que o PP e uns 6 por riba de C's. Podemos e as confluencias sumarían algo menos do 18%.
O Goberno central quere levar o “só si é si” á reforma do Código Penal sobre delitos sexuais. A vicepresidenta e ministra de Igualdade, Carmen Calvo, avanza no Congreso as súas liñas de actuación na materia, que pasan por devolver competencias aos Concellos.
Boris Johnson dimite como ministro de Exteriores do Reino Unido. A marcha do ex-alcalde de Londres, un dos máis firmes defensores do Brexit, é a segunda baixa no gabinete de Theresa May en menos de 24 horas e debilita aínda máis a posición política da primeira ministra.
Sánchez e Torra acordan reactivar as comisións bilaterais entre o Goberno de España e a Generalitat de Catalunya. É un dos asuntos abordados na xuntanza deste luns, da que ofreceu conclusións a vicepresidenta Carmen Calvo, quen resaltou que o Executivo socialista non admitirá a autodeterminación catalá. O presidente catalán agradece que na xuntanza falasen "de todo" malia ás súas afastadas posturas.
O presidente da Generalitat catalá, Joaquim Torra, viaxa xa cara a Madrid para reunirse con Pedro Sánchez. É a primeira xuntanza do titular do Executivo catalán co presidente do Goberno de España dende 2016. (Imaxe de TV3)