As universidades galegas chegan a un acordo para compartir a docencia en Medicina e que a única facultade siga a ser a de Santiago. En La Voz
Fálase
Os candidatos á alcaldía de Lugo celebraron este mércores o seu segundo debate público e aberto a todas as forzas. Desta volta estivo organizado pola Asociación da Prensa. (Imaxe do PSdeG de Lugo).
O Goberno renuncia a privatizar o servizo do Rexistro Civil a través da súa xestión a cargo dos rexistradores mercantís e adía a 2016 a súa reforma. O ministro de Xustiza, Rafael Catalá, valora traspasalo aos concellos ou ás comunidades autónomas. O proxecto contaba coa firme oposición dos sindicatos e da maior parte das forzas políticas.
O IGADI anuncia o seu traslado dende Baiona, onde sufriu a "hostilidade" do alcalde, ata Pontevedra, onde estará a súa nova sede.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea avala que os países membros poidan prohibirlles aos homosexuais doar sangue, como xa fai Francia. O fallo alude a que "estas persoas están expostas a un risco elevado de contraer enfermidades infecciosas graves, coma o VIH"
O Parlamento aproba unha declaración de apoio ao pobo saharauí e reclama a súa autodeterminación. Pódese consultar o texto íntegro nesta ligazón
O Parlamento aproba por unanimidade a iniciativa do BNG para que o 2016 sexa Ano das Irmandades da Fala
O PP rexeita que a Xunta inicie o diálogo coa Deputación de Lugo para aceptar o financiamento da hemodinámica 24 horas no HULA. A iniciativa do PSdeG foi apoiada por toda a oposición e desbotada polos populares, que os acusa de utilizar os doentes. No debate a voceira socialista, Concepción Burgo e o voceiro do BNG, Cosme Pombo, loceron as camisolas da campaña #quenoncheroubenocorazón.
Libera! destaca que Negreira incumpre unha ordenanza municipal ao pasear co seu can solto pola praia nun vídeo electoral do PP da Coruña. Cóntao La Opinión.
O Ministerio de Sanidade adxudica prazas do MIR para 'El Ferrol'. Destácao o blog As MIR e unha noites