Ao redor de medio millón de persoas participan na Marcha de Mulleres contra Trump en Washington.
Fálase
Varias ducias de persoas concentráronse esta mañá en Vigo contra os tratados de libre comercio CETA e TTIP.
Pamplona acolle esta fin de semana unhas Xornadas de Municipalismo, Autogoberno e Contrapoder, nas que participan 400 representantes de movementos cidadáns de 25 concellos de toda España e do resto de Europa. Supón a continuación do encontro celebrado en Málaga o pasado mes de xullo.
O Parlamento celebra este sábado a partir das 12 horas un acto institucional de conmemoración do 35 aniversario da toma de posesión de Gerardo Fernández Albor como presidente da Xunta.
Compromiso por Galicia celebra este sábado en Teo o II Congreso Nacional no baixo o lema Renovando o galeguismo. Nova organización. Novas accións. Escollerase un novo Consello Político Nacional e a Juan Carlos Piñeiro Docampo como novo secretario xeral
17 colectivos convocan este sábado en Ferrol unha mobilización no día de Acción Internacional contra o CETA. O acto terá lugar ás 12 horas no Cantón baixo o lema Stop CETA, Non á Ditadura das Grandes Coorporacións Transnacionais, na Defensa dos Pobos e do Medio Ambiente
O construtor coruñés Antón Arias é o único candidato que se presentou ao proceso electoral para presidir a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). A súa candidatura, que chegou a última hora, foi unha sorpresa, pois chegou a barallarse que non habería aspirantes. Os empresarios das provincias de Pontevedra e Ourense sinalan a "falta de consenso" ao redor de Arias.
"Seguiremos dúas regras moi simples. Merca produtos estadounidenses e contrata estadounidenses", di Trump no seu primeiro discurso como presidente
Atopan a tumba de Ulf O Galego, o caudillo viquingo que arrasou Galicia. Cóntao GCiencia.
Asasinan en México a Isidro Baldenegro, activista ambiental gañador do premio Goldman en 2005. Recibira decenas de ameazas de morte pola súa defensa dos bosques da Sierra Madre Occidental. O pasado mes de marzo Berta Cáceres, premio Goldman en 2015, tamén foi asasinada en Honduras