O Deportivo empata no tempo engadido e mantén as esperanzas de salvación. Un gol de Lopo no 93' permítelles sumar un punto (1-1) que o saca momentaneamente do descenso nun San Mamés con máis dun milleiro de deportivistas.
Fálase
Agustín Fernández Paz, premio da AELG á mellor obra narrativa por A viaxe de Gagarin. Helena Miguélez-Carballeira por Galiza, um povo sentimental? recibiu o galardón ao mellor ensaio. Montse Dopico foi recoñecida pola súa traxectoria en xornalismo cultural.
Case o 40% das alcaldías depende dun único concelleiro. En 2011, o rexedor de 125 municipios decidiuse por un só edil e desta vez o voto está aínda máis fragmentado.
O PP só tería maioría absoluta en Ferrol de entre as sete cidades, segundo unha enquisa de La Voz. Compostela Aberta sería a segunda forza en Santiago, mentres que Caballero gobernaría en Vigo.
Praza Pública explica hoxe o seu proxecto no #InLugo15. O director David Lombao intervén no Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais. Pode seguirse aquí.
A Fiscalía pide procesar a deputada do PP Marisol Piñeiro por prevaricación en relación a un suposto enchufe durante a súa etapa como tenente de alcalde en Carnota.
Feijóo pide evitar que goberne "Podemos ou como 'coño' se chame en cada sitio" nun ateigado mitin na Coruña. O presidente da Xunta carga contra o nacionalismo e as mareas xunto ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira. Máis información, hoxe en Praza.
Un acto na Coruña lembra os milleiros de mortos no Mediterráneo e clama contra as políticas inútiles da UE e dos Estados para arranxar o "xenocidio migratorio". Foto de @mareatlantica.
Xosé Manuel Beiras conversa con Martiño Noriega nun acto de Compostela Aberta. O líder de Anova pide á cidadanía acabar coa "peste" do PP. Máis información, hoxe en Praza.
A xuíza da operación Cóndor imputa o alcalde popular de Nogueira de Ramuín. Crese que filtrou probas para amañar o concurso dos catamaráns da Ribeira Sacra con Monbus.