García Albiol (PP) vincula o "multiculturalismo" cos atentados da pasada semana en París.
Fálase
O PP exclúe das súas listas a última hora á atleta Marta Domínguez en previsión de que sexa condenada por dopaxe en vésperas das eleccións. Cóntao El País
Wikileaks publica a que, indica a plataforma, é a versión final do TTP, o controvertido tratado de libre comercio que negocian a UE e os Estados Unidos.
Xulio Ferreiro: "As cidades do cambio temos unha soidade institucional que agardo que cambie o 20-D". O alcalde da Coruña, entrevistado en eldiario.es
A falta dun informe da Axencia Tributaria mantén paralizada a Operación Zeta, que investiga unha presunta fraude en cursos de formación e, segundo a investigación, tamén suposto desvío de fondos ao PP. Recólleo Faro de Vigo
A nova trama de presunta fraude nos cursos de formación en Galicia suma xa 11 detencións.
A Audiencia Nacional avala a concesión dunha medalla policial á Virxe Santísima del Amor. Eldiario.es recolle os argumentos da sentenza.
TVE anuncia que Rajoy e Sánchez serán entrevistados polo cantante Bertín Osborne na canle pública antes da campaña electoral.
A dirección federal do PSOE expulsa provisionalmente a Manuel Martínez. Ferraz ábrelle expediente ao alcalde de Becerreá por facer "un gravísimo dano á imaxe do partido" coa súa actuación na Deputación. Máis información, hoxe en Praza.
Ciudadanos defende censurar as redes sociais en caso de estado de excepción. Os de Albert Rivera propoñen "abrir o debate" ao fío dos atentados de París. Recólleo a Cadena SER