TVE anuncia que Rajoy e Sánchez serán entrevistados polo cantante Bertín Osborne na canle pública antes da campaña electoral.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/564c71d229947-cuf-qqwwiaaroi9.jpg)
TVE anuncia que Rajoy e Sánchez serán entrevistados polo cantante Bertín Osborne na canle pública antes da campaña electoral.
A dirección federal do PSOE expulsa provisionalmente a Manuel Martínez. Ferraz ábrelle expediente ao alcalde de Becerreá por facer "un gravísimo dano á imaxe do partido" coa súa actuación na Deputación. Máis información, hoxe en Praza.
Ciudadanos defende censurar as redes sociais en caso de estado de excepción. Os de Albert Rivera propoñen "abrir o debate" ao fío dos atentados de París. Recólleo a Cadena SER
Queda en liberdade o exalcalde de Santa Comba polo PP tras ser detido por presunta fraude en cursos de formación. A investigación da Operación Qatedra sospeita que Manuel García Landeira e o seu irmán, entre outras persoas, quedaban coas subvencións destinadas a impartir os cursos. Recólleo Faro de Vigo
O Concello de Santiago promove a campaña 25N. Compostela en negro, na que insta os establecementos comerciais da cidade a que durante unha semana, do 19 ao 25 de novembro, se vistan de loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia
O Centro Torrente Ballester de Ferrol acolle este mércores ás 20.15 horas a inauguración da mostra fotográfica de Gabriel Tizón Muros, dedicada ás persoas que foxen da guerra en Siria.
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, subliña nunha intervención no foro Smartcity que o porto exterior de Punta Lagosteira é "un exemplo de cousas que se fixeron de forma discutible". A infraestrutura suma case 1.000 millóns de investimento e tralo fracaso dos investimentos de Beijing 3E e Pemex o seu futuro segue no aire. Ferreiro rexeitou igualmente o proxecto de recalificacións de terreos no centro da cidade que propón a Autoridade Portuaria para financiar as obras.
ERC tenta mediar entre CDC e CUP para evitar un desacordo que obrigue á repetición das eleccións en Catalunya. Convergéncia comeza a barallar un cambio de estratexia, apostanto por un pacto co Estado
Unha operación en marcha, nas aforas da capital francesa, para deter o suposto cerebro dos atentados de París sáldase de momento con 3 persoas mortas e varias feridas.
A Comisión Europea estudará o accidente de Angrois a petición da delegación de vítimas que visita Bruxelas coa voceira do BNG, Ana Miranda, quen subliña que o Executivo comunitario vai “estudar e analizar toda a documentación relativa ao sinistro e á cuestión dos fallos de seguridade".