El Diario repasa outros tuits e frases insultantes, ameazadores ou denigrantes escritos ou pronunciadas por políticos, a maior parte do PP, e que non supuxeron dimisión ningunha
Fálase
O alcalde de Oza-Cesuras renuncia ao seu escano na Deputación para non compartir grupo co rexedor de Curtis, tamén do PP, que "foi conselleiro de Caixa Galicia, coas consecuencias que o escándalo das preferentes provocou na nosa comarca". Recólleo El País
Dous xuíces nomeados polo PP no CGPJ xulgarán o caso Gürtel. Recólleo eldiario.es
A dirección central do PP culpa a Pedro Sánchez de "regalar 'La Coruña" aos "radicais".
O alcalde de Ourense asina o acordo con Abanca e a Deputación para que COB Ourense compita en ACB. Queda que a Asociación de Clubs valide agora a documentación que achegará o equipo galego.
O COB Ourense debe remitir esta mañá á Liga ACB o crédito concedido por Abanca para pagar a inscrición na competición. Está pendente o aval do Concello, aínda non confirmado. O presidente do COB, o interventor, a secretaría e a asesoría xurídica do Concello manterán unha xuntanza.
El Olivo queda ás portas do ascenso á Primeira División do fútbol feminino. O equipo vigués perdeu a eliminatoria ante o Oiartzun
A militancia de Unió Democrática de Catalunya apoia de forma moi axustada (co 50,9% dos votos fronte ao 46,2%) a proposta realizada pola dirección do partido, de continuar apoiando o proceso soberanista, pero dialogando co Estado.
O venres 19 de xuño Nova York acollerá o Galician Cinema Festival, coa proxección de Os Fenómenos e o obxectivo de difundir o audiovisual galego, as localizacións cinematrográficas do país e a súa gastronomía.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, critica a renuncia dos rexedores de Santiago e A Coruña a participar -asumindo a lacidade do Estado- na cerimonia da ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento. Candia apelou á "tradición" e pediulle ao Santísimo Señor Sacramentado "axuda" para "ser inflexibles" contra os corruptos