Alerta vermella na costa galega por un temporal que provocará ondas de máis de dez metros. No noroeste coruñés e na Mariña haberá tamén alerta laranxa por vento en terra.
Fálase
Gravity e 12 anos de escravitude repártense os principais premios dos Oscar. Matthew McConaughey obtén o galardón ao mellor actor e Cate Blanchett o de mellor actriz.
Esta noite entréganse os Oscar e Disquecool ofrece o seu prognóstico de posibles filmes e persoas galardoadas.
O Deportivo da Coruña imponse por 3-2 ao Hércules. No inicio do partido de Riazor homenaxeouse a Arsenio Iglesias.
A plataforma Galiza pola Soberanía conmemorou este domingo en Compostela o 158º aniversario do banquete de Conxo como "reivindicación da memoria nacional galega". Recólleno na web da plataforma.
Resultados da terceira división galega de fútbol
Racing Vilalbés 0 - 3 Cerceda
Boiro 3 - 1 Bertamiráns
Deportivo B 6 - 1 Rápido de Bouzas
Barbadás 2 - 0 Alondras CF
Somozas 1 - 1 Arousa
Dorneda 2 - 3 Cultural Areas
Negreira 3 - 3 As Pontes
Pontevedra 0 - 0 Betanzos
Choco 2 - 0 Grixoa
Ordes 3 - 1 LarachaO CD Lugo empata sen goles no estadio da Unión Deportiva Las Palmas.
A presidenta do Parlamento define como "guai do Paraguai" a decisión de Celia Villalobos de votar pola retirada da contrarreforma da lei do aborto. Foi nunha entrevista na Radio Galega que recolle Galiciaé.
Rajoy achácalle "prexuízos ideolóxicos trasnoitados" a quen non vexa a "saída da crise" que el proclama. En El Diario.
O Obradoiro vence por 53 - 60 na cancha de Gran Canaria e mantense nunha xeira histórica na que xa suma seis vitorias seguidas.