O Consello de Ministros autorizou este venres a Xunta a "realizar operacións de préstamos e créditos no exterioe e emisións de débeda pública" por un máximo de 430,5 millóns de euros. Esta autorización deriva do plan económico-financeiro do Goberno galego, ao que o Estado lle deu o visto e prace no Consello de Política Fiscal e Financeira do 17 de maio.
Fálase
Parte dos tuiteiros e tuiteiras do país divírtense nesta tarde de venres cun retranqueiro hastag, #cubatasdaliteraturagalega, que vén de ser trending topic no Estado
Obama dálle un tirón de orellas a España. "Non todo pode ser recortar, recortar e recortar mentres o paro segue medrando", asegura o presidente dos EUA durante un discurso no que analiza a crise económica.
O Parlamento galego pide que se devolvan os cartos íntegros aos afectados polas preferentes. PP, PSdeG e BNG póñense de acordo para esixir "unha solución inmediata" para os 43.000 galegos "estafados". A iniciativa fora defendida polo Bloque.
O Banco de España analizará en agosto se esixe máis reservas á banca, logo de ter os informes independentes sobre a situación do sector financeiro.
O Goberno non nega que vaia pedir o rescate, pero supedita a solicitude aos resultados das auditorías sobre o sector bancario e aos datos do FMI. "Non hai nada decidido", dixo a voceiro do Executivo, Soraya Sáenz de Santamaría, tras o Consello de Ministros.
Luís Rial, destituído da Radio Galega por insultar os seus compañeiros, pide desculpas aos traballadores nunha carta pública. "En ningún momento quixen poñer en cuestión a súa profesionalidade", di.
O ex conselleiro de Pesca Enrique López Veiga será o novo senador por designación autonómica. O PP vén de rexistrar a súa proposta, que se aprobará no pleno do Parlamento o vindeiro martes, para substituír a vacante de José Manuel Romay Beccaría. López Veiga disputoulle a presidencia do PPdeG a Alberto Núñez Feijóo en 2006.
Fitch rebaixa a nota de once entidades territoriais do Estado, entre as que destaca o País Vasco, as súas tres provincias e a cidade de Donosti. Madrid e Barcelona tamén están afectadas, ao igual que o FROB ou a SEPI.
O Goberno nega "rotundamente" que España vaia pedir o rescate esta fin de semana, tal e como adiantara Reuters.