Vox esixe ao PP que renuncie á autonomía andaluza para apoiar a investidura do seu candidato a presidir a Junta. A ultradereita pide a devolución de competencias en Sanidade, Educación e Xustiza ao Estado
Fálase
Persoal de Alcoa da Coruña e de Avilés concéntranse esta mañá fronte ao Ministerio de Industria en Madrid para reclamar ao Goberno central unha solución que evite o peche das fábricas. Executivo e multinacional vólvense reunir na busca dunha alternativa. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Falece o historiador coruñés Juan Hernández Les, profesor de múltiplas promocións da Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago experto en historia do cinema. A USC transmite as súas condolencias á familia de Hernández Les, quen escribiu o pasado 4 de xaneiro o seu derradeiro artigo no blog que editaba dende hai máis dunha década. (Fonte da imaxe)
Neofalantes en Twitter: "O meu propósito deste ano é falar galego". Vinte recolle os propósitos a prol de empregar máis a lingua galega que percorren as redes sociais nos primeiros días do 2019.
O alcalde franquista de Beade reitera de que volverá encabezar a lista do PP na vila, que goberna dende 1974, e teima en salientar as "cousas boas" que, ao seu xuízo, "fixo" o ditador. Na imaxe, do arquivo da Xunta, con Rueda e Baltar. Faino nunha entrevista con La Voz de Galicia
Gonzalo Caballero desbota calquera posibilidade de pactos entre PSdeG-PSOE e PP tralas eleccións municipais de maio. Nunha entrevista na Cadena Ser o líder dos socialistas galegos apostou por acordos entre as forzas de esquerda e reiterou a súa intención de ocupar un escano no Parlamento galego antes do verán.
Así chegaron os reis magos a Galicia. Da Coruña a Mazaricos, Lugo ou Compostela, visitando estadios, en carroza e mesmo en tractor. Podes ver as imaxes nesta galería.
Varios lugares de Galicia achegáronse aos dez graos baixo cero nunha das noites máis frías do ano. Calvos de Randín (-9,8), Vilalba (-9,3), Verín (-9,1), Sarria (-8,4) e Xinzo (-8,4) foron as mínimas.
Os reis magos percorreron as rúas das cidades e vilas galegas. Na imaxe, o remate da cabalgata en Santiago de Compostela
Calvos de Randín, con -9,6 graos, rexistrou a temperatura máis baixa esta mañá en Galicia. Verín (-9,1), Xinzo (-8,6), Vilalba (-8,5) e Sarria (-8) baixaron tamén dos 8 graos baixo cero.